Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T. e C.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a L4228 entre os CC.TT. Avda. Atlántica e Barreras ó seu paso pola Avda. Beiramar ata o C.T. que se proxecta en Ánimas, concello de Vigo.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 15/20 kV, de 185 m de lonxitude, con conductores tipo RHV. C.T. de 400 kVA, relación de transformación 15 kV-398/230 V.
Orzamento: 7.112.120 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 22 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

