Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde a torre n. 5 da derivación a Pardesoa e Porcallos ata o C.T. que se proxecta en Campo Verde-Maceira, concello de Lalín.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., aérea, a 20 kV, de 230 m de lonxitude, con conductores tipo LA-56, sobre apoios metálicos con toma de terra. C.T. de 160 kVA, relación de transformación 20 kV-398/230 V. R.B.T., aérea, de 25 m de lonxitude, con conductores tipo RZ.
Orzamento: 2.939.668 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 22 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

