Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2.617/1966, do 20 de outubro, sométese a información pública a petición de instalación dunha L.M.T., C.T. e R.B.T. que ten as seguintes características especiais:
Peticionario: Unión Fenosa.
Lugar no que se vai establece-la instalación: desde o apoio 18 da L.M.T. Caeira-Raxó ata o C.T. que se proxecta en Campelo-Mato, concello de Poio.
Finalidade da instalación: mellora-la subministración eléctrica na zona.
Características principais: L.M.T., soterrada, a 10/20 kV, de 485 m de lonxitude, con conductores tipo RHV. C.T. de 250 kVA, relación de transformación 10/20 kV-380/220 V. R.B.T. de 1.600 m de lonxitude, con conductores RZ e apoios de formigón.
Orzamento: 20.534.000 pesetas.
O que se fai público para que poida ser examinado o proxecto da instalación nestas oficinas, sitas na Rúa Nova de Abaixo 2, e formularse contra el as reclamacións, por duplicado, que se consideren oportunas, no prazo de trinta días contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución.
Pontevedra, 23 de febreiro de 1995.
Ramón Álvarez Abad
Delegado provincial de Pontevedra

