A Sala de Goberno do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, na súa reunión do día 23 de febreiro de 1995, acordou nomear por un período de catro anos os xuíces de paz substitutos, que máis abaixo se indican, dos distintos concellos desta Comunidade Autónoma, que igualmente se relacionan: nomeamento que se fai directamente xa que no concurso que convocou esta sala de goberno ultimamente non houbo ningún solicitante ou, noutro caso, os solicitantes non foron considerados idóneos para o desempeño do cargo e os respectivos concellos, no seu día, non elixiron ningunha persoa para os devanditos cargos.
Provincia de Lugo
Antas de Ulla: substituto: Ernesto Méndez Val
Provincia de Pontevedra
O Grove: substituto: Ángeles Aguiño Viñas.
Contra este acordo poderán os interesados presentar recurso de alzada dentro dos quince días seguintes ó da publicación deste edicto para ante o Consello Xeral do Poder Xudicial.
Os Sres. xuíces de paz nomeados poderán prestar xuramento ou promesa na forma que establece o artigo 101.5 da Lei orgánica do poder xudicial perante o xuíz de primeira instancia e instrucción respectivo, no prazo de 10 días a partir do seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e, posteriormente, no prazo de 3 días, tomarán posesión no xulgado de paz para o que sexan nomeados, ante que se encontrar exercendo a xurisdicción.
Aqueles xuíces de paz nomeados que estean incursos nalgunha incompatibilidade deberán optar, dentro do prazo de oito días, pola praza que lles interese.
A Coruña, vintetrés de febreiro de mil novecentos noventa e cinco.
Vicente Fernández Riera
Secretario de goberno

