Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 63 Xoves, 30 de marzo de 1995 Páx. 2.429

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 2 de marzo de 1995, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 01/0000071/1995 interposto por Jorge-Víctor Gil Carnicer.

O 24 de febreiro de 1995, a Dirección Xeral da Función Pública recibe da Sala do Contencioso-Administrativa, Sección Primeira, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 01/0000071/1995 interposto por Jorge-Víctor Gil Carnicer contra resolución do conselleiro da Presidencia e Administración Pública da Xunta de Galicia do 15-11-94, sobre denegación de solicitude de integración na escola de letrados da Xunta de Galicia.

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala, o que se notifica para xeral coñecemento a tódalas persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer en for

ma en autos na Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 2 de marzo de 1995.

Joaquín López-Rúa Soler

Director xeral da Función Pública