Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.496

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO CATRO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

CÉDULA de citación (93/1995).

En virtude do ordenado pola maxistrada do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número catro de Santiago de Compostela, Rosa del Carmen Collazo Lugo, nos autos de xuízo de faltas número 93/1995, que se segue por furto, cítase a Ángela Lorenzo Sumay, en calidade de denunciada, e actualmente en paradoiro descoñecido, para que o vindeiro día dezanove de abril, ás dez horas e cincuenta minutos, asista á celebración do correspondente xuízo de faltas, que terá lugar na sala de vistas do Xulgado de Instrucción número tres de Santiago de Compostela, sito na planta baixa do Pazo de Xustiza, rúa da Algalia de Abaixo número 24, advertíndoa de que poderá acudir asistida de avogado, cos medios de proba de que intente valerse, e de que se non o verifica recaerán sobre ela os prexuízos a que haxa lugar en dereito.

Santiago de Compostela, catorce de marzo de mil novecentos noventa e cinco.

O secretario

Rubricado