Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.499

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de marzo de 1995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se notifica a admisión a trámite do recurso contencioso-administrativo, contra acordo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 27-10-94 sobre denegación de autorización para salón tipo A en Vilalba (Lugo).

De conformidade co disposto no artigo 64.1º da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, do 27 de decembro de 1956, notifícaselles ós posibles interesados a admisión a trámite polo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do recurso contencioso-administrativo número 02/0004024/95, interposto por Recreativos Galicia-Las Vegas, S.L., contra o acordo da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais do 27-10-94 sobre denegación de autorización para salón tipo A en Vilalba (Lugo).

A presente resolución servirá de notificación nos termos do artigo 59.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27-11-92), a tódolos afectados que, por resultaren descoñecidos ou ignorándose o seu domicilio, non poidan ser notificados persoalmente da admisión a trámite do recurso de referencia.

Santiago de Compostela, 23 de marzo de 1995.

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior

Relacións Laborais