Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 64 Venres, 31 de marzo de 1995 Páx. 2.500

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEDEUME

EDICTO.

Declarada pola Xunta de Galicia a urxente ocupación, para os efectos de expropiación forzosa, polo Concello de Pontedeume (A Coruña), dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto modificado número 1 de saneamento integral de Cabanas-Pontedeume.

En cumprimento do disposto no art. 52.2 da Lei de expropiación forzosa, o Concello de Pontedeume convoca os titulares de bens e dereitos afectados

para que comparezan no lugar, día e hora que se detallan, co fin de proceder ó levantamento de acta previa á ocupación, sen prexuízo de trasladarse ó lugar dos terreos se se considera necesario.

Lugar: salón de sesións da casa consistorial.

Día: 11 de abril de 1995.

Hora: ás 11 da mañá.

Ó dito acto deberán acudi-los propietarios afectados, persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, aportando os documentos acreditativos da súa titularidade e documento nacional de identidade, podendo facerse acompañar pola súa conta, se o consideran oportuno, dos seus peritos e notario.