En virtude do establecido nos artigos 4.13º e 34.2º da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, modificada pola Lei 11/1988, do 20 de outubro, por proposta do conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura e logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco,
Nomeo director xeral de Marisqueo e Acuicultura a Amancio Landín Jaráiz.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, trinta e un de marzo de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Juan Caamaño Cebreiro
Conselleiro de Pesca, Marisqueo e Acuicultura