Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 68 Xoves, 06 de abril de 1995 Páx. 2.655

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE PONTEVEDRA

ANUNCIO.

Aprobación definitiva do proxecto refundido do plan parcial en desenvolvemento do programa de actuación urbanística do solo C-1 (San Blas), do vixente PXOU, aprobado definitivamente pola Consellería de Ordenación do Territorio e Obras Públicas.

O Pleno da Corporación, en sesión ordinaria celebrado o día 23 de febreiro de 1995, adoptou o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto refundido do plan parcial redactado polo arquitecto Manuel Jesús Freijeiro (Arteplan, S.A.) en xaneiro de 1995, en desenvolvemento do programa de actuación urbanística, aprobado por orde do conselleiro de Ordenación do Territorio e Obras Públicas da Xunta de Galicia de 13-5-1993, instrumentos urbanísticos confeccionados como consecuencia do convenio formalizado entre este concello e a sociedade Inmobiliaria Reunida Coruñesa, S.A.; coa finalidade de programar e ordena-lo ámbito territorial do solo C-1 do vixente PXOU.

Segundo.-Comunicarlle este acto administrativo á Comisión Provincial de Urbanismo, Demarcación de Estradas do Estado en Galicia do MOPTMA, demais organismos das administracións públicas procedentes, Autopistas del Atlántico, S.A. e notificarlles individualmente este acto ás entidades ou persoas físicas que se reputen interesadas no procedemento na forma prevista na lei, dispoñéndose a publicación das ordenanzas ou normas do plan parcial no BOP, así como este acordo coa finalidade de logra-la súa executividade, segundo establece a Lei 39/1994, do 30 de decembro, pola que se modifica o artigo 70.2º da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local.

Recursos procedentes:

Contra a precedente resolución, que esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a esta publicación, logo de llo comunicar ó órgano que dictou o acto impugnado, e isto sen prexuízo de que poida interpoñer, se é o caso, calquera outro recurso que se coide procedente.

Pontevedra, 1 de marzo de 1995.

Francisco Javier Cobián Salgado

Alcalde

Julio Dapena Outomuro

Secretario xeral