Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 70 Luns, 10 de abril de 1995 Páx. 2.748

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 23 de febreiro de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número IN407A 95/19-1) (52636).

Para os efectos previstos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

Denominación: derivadas L.M.T., D.C. subestación Cabana-Ermida, CC.TT. e RR.BB.TT.

Situación: Cabana (A Coruña).

Características técnicas: liñas eléctricas derivadas de media tensión, a 20 kV, que teñen a súa orixe na liña denominada subestación Cabana-Ermida, todas elas aéreas e sobre apoios de formigón e conductor LA-56:

-De 91 m de lonxitude e remate en Rieiro, con centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 95 m de lonxitude.

-De 93 m de lonxitude e remate en Cundíns, con centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión sobre apoios de formigón e conductor R.Z. de 50 m de lonxitude.

-De 6 m de lonxitude en Cundíns-Gándara, centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión de 25 m sobre apoios de formigón e conductor R.Z.

-De 252 m de lonxitude en Iñaño, centro de transformación aéreo de 50 kVA, tensións de 20/0,380-0,220 kV e rede de baixa tensión de 25 m de lonxitude en conductor R.Z., Cabana.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.

A Coruña, 23 de febreiro de 1995.

Manuel Estévez Mengotti

Delegado provincial da Coruña, en funcións