Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Martes, 09 de maio de 1995 Páx. 3.418

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

CORRECCIÓN de erros.-Resolución do 19 do abril de 1995, do tribunal que xulga as probas selectivas para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia, escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesquiera (grupo C), convocadas por orde da Consellería da Presidencia e Administración Pública do 24 de febreiro de 1994, pola que se elevan a definitivas as puntuacións obtidas na fase de concurso.

Publicada a dita resolución no DOG nº 82, do 28 de abril de 1995, cómpre face-la seguinte rectificación:

No encabezamento da resolución, onde di: «corpo de axudantes facultativos de grao medio da Administración especial da Xunta de Galicia», debe dicir: «corpo de axudantes facultativos da Administración especial da Xunta de Galicia».