A Lei de Galicia 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, dispón no seu artigo 10 que «os topónimos de Galicia terán como única forma oficial a galega». O mesmo artigo establece no seu apartado 2 que lle corresponde á Xunta de Galicia a determinación dos nomes oficiais dos municipios, dos territorios, dos núcleos de poboación, das vías de comunicación interurbanas e dos topónimos de Galicia.
Tendo en conta o Decreto 132/1984, do 6 de setembro, polo que se establece o procedemento para a fixación ou recuperación da toponimia, e contando co preceptivo dictame da Comisión de Toponimia, emitido na súas reunións dos días vinte e vintenove de marzo de mil novecentos noventa e cinco, logo de deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco,
DISPOÑO:
Artigo único.-Quedan aprobados os nomes oficiais das parroquias pertencentes ós concellos que figuran no anexo do presente decreto.
Disposición adicional
Do establecido no presente decreto e do seu anexo daráselles conta ás autoridades estatais correspondentes para os efectos que cumpran no exercicio das súas funcións.
Disposición derradeira
O presente decreto entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, vinte de abril de mil novecentos noventa e cinco.
Manuel Fraga Iribarne
Presidente
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública