Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.643

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

CÉDULA do 29 de marzo de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se notifican expedientes sancionadores incoados por infracción da normativa vixente en materia de transportes terrestres e devoltos polo servicio de correos por resultaren descoñecidos os seus destinatarios (P0-01704-O-94 e catorce máis).

Pola presente cédula notifícaselles ós denunciados cos datos e últimos enderezos coñecidos que se sinalan no anexo as resolucións sancionadoras dictadas polo director xeral de Transportes da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, facultado polo Decreto 70/1993, do 10 de marzo (DOG do 26 de marzo), recaídas nos expedientes que se citan no anexo.

Fáiselles sabe-lo dereito que os asiste para interpoñeren recurso perante o conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, no prazo de un mes, contado desde o día seguinte ó da publicación da presente cédula.

En caso de conformidade con estas resolucións deberán facer efectiva a multa mediante transferencia bancaria a favor do Tesouro da Facenda galega, conta restrinxida de recadación de multas e sancións número 13.763.620 da Caixa Postal de Aforros, sucursal de Santiago de Compostela.

E para que conste e lles sirva de notificación ós denunciados de enderezos descoñecidos e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE número 285, do 27 de novembro), expido, asino e selo a presente cédula en Santiago de Compostela o 29 de marzo de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes