Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Martes, 16 de maio de 1995 Páx. 3.645

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

ANUNCIO.

A Delegación Provincial da Consellería de Industria e Comercio en Ourense dá a coñecer que por acordo da Dirección Xeral de Industria da Consellería de Industria e Comercio de data 30 de novembro de 1993 se somete a información pública o estudio de impacto ambiental seguinte:

Proxecto: aproveitamento dos recursos da sección C para granito en bloques. Concesión de explotación Man de Moura, nº 4553.

Situación: monte Franqueirán, termo municipal de Carballeda de Avia e Ribadavia.

Solicitante: Vda. de Marcelino e Hijos, S.L.

O que se fai público para que calquera que se considere afectado interpoña reclamación no prazo de 30 días hábiles contados a partir da presente publicación e de conformidade co establecido no punto 2 do Art. 5 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia.

Ourense, 25 de xaneiro de 1995.

Alfredo Cacharro Pardo

Delegado provincial de Ourense