Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.680

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 8 de maio de 1995 pola que se convoca concurso do premio de ideas para a creación dos elementos base de identidade corporativa do Servicio Galego de Saúde.

O Servicio Galego de Saúde está estudiando a posibilidade, de modifica-los seus elementos base de identidade corporativa, polo que está interesado na creación do símbolo, logotipo e maila determinación das cores corporativas do Servicio Galego de Saúde, polo que a Consellería de Sanidade e Servicios Sociais convoca concurso do premio de ideas para a dita creación.

Para tal efecto,

DISPOÑO:

Artigo único.-Convócase concurso do premio de ideas para a creación dos elementos base de identidade corporativa do Servicio Galego de Saúde e apróbanse as súas bases, que se publican como anexo á presente orde. Os gastos que se deriven serán sufragados con cargo á partida 11.03.311A. 640.8 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para 1995.

Santiago de Compostela, 8 de maio de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

e presidente do Servicio Galego do Saúde

ANEXO

Bases que rexen a convocatoria do premio de ideas para a creación dos elementos base de identidade corporativa do Servicio Galego de Saúde.

Primeira.-O obxecto do presente premio de ideas é selecciona-lo símbolo, logotipo e cores, que sirva para o establecemento dunha identidade deferenciadora da imaxe corporativa do Servicio Galego de Saúde.

Segunda.-Poderán optar a este premio os profesionais, empresas e estudiantes relacionados co mundo do deseño (escolas superiores e técnicas de arquitectura, enxeñería, de deseño, e outras similares).

Terceira.-Os traballos que presentaran os concursantes, constarán de símbolo, logotipo, cor e identificador, e deberán ser presentados da forma seguinte:

Símbolo: Deberá presentarse en tres versións: cor, negra e negativa, en papel branco DIN A4 e coas seguintes dimensións: 20 cm x 15 cm, 10 cm x 7,5 cm e 6 cm x 4,5 cm.

Logotipo: deberá conte-la expresión completa de «Servicio Galego de Saúde», e presentarase nas mesmas versións, papel e tamaño có símbolo.

Cor: non se limita o número de cores a utilizar polos concursantes, aínda que se dará preferencia ós traballos que non excedan as dúas cores.

Identificador: a combinación dos tres elementos anteriores (símbolo, logotipo e cor) dará lugar ó identificador do Servicio Galego de Saúde, que deberá ser presentado en tres versións: cor, negra e negativa, en papel branco DIN A4 e coas seguintes dimensións: 20 cm x 15 cm, 10 cm x 7,5 cm e 6 cm x 4,5 cm.

As propostas deberán presentarse en copia orixinal.

Cuarta.-O prazo de presentación dos traballos será de 1 mes a partir do día seguinte o da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Quinta.-A presentación de traballos farase en sobre pechado baixo un pseudónimio e co indicativo de "concurso do premio de ideas dos elementos base de identificación corporativa do Servicio Galego de Saúde", dirixido á Secretaría Xeral do Servicio Galego de Saúde (edificio administrativo San Caetano bloque 2-2º, Santiago de Compostela), e conterá a documentación seguinte:

Sobre A: no que se incluirá nome da persoa física ou xurídica ó que corresponde o pseudónimo empregado, con indicación de DNI ou NIF, enderezo e teléfono de contacto, así como acreditación da relación que mantén o participante co mundo do deseño.

Sobre B: que conterá o traballo que presenta os premios o cal deberá axustarse ás características que se indican nas presentes bases.

Sexta.-Os traballos presentados serán avaliados por unha comisión, composta por especialistas na materia, da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, da Escola Técnica Superior de Arquitectura da Coruña, da Escola Técnica Superior de Enxeñeiros Indus

triais de Vigo e das Escolas de Arte de Lugo e Ourense, que serán designados polo decano ou director do centro.

Á vista dos traballos presentados, a comisión seleccionará os catro que considere mellores, e proporaos como finalistas ó xurado co fin de que este seleccione o gañador.

Sétima.-O xurado para a adxudicación deste premio estará composto polo presidente do Servicio Galego de Saúde que o presidirá, e formarán parte como vocais os directores xerais da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e do Servicio Galego de Saúde, actuando como secretario o xefe do Servicio de Coordinación Administrativa da Secretaría Xeral do Sergas ou o xefe do Servicio de Coordinación Interna e Estudios da Dirección Xeral de Organización Sanitaria que actuarán indistintamente.

Oitava.-O veredicto do xurado, que será inapelable, darase a coñecer a través dos medios pertinentes no prazo de 1 mes a partir da data de remate do prazo de presentación dos traballos, nun acto público.

O xurado poderá deixar deserto o concurso.

Novena.-Concederase un premio á proposta gañadora por un importe de 500.000 ptas., e un accésit de 100.000 ptas., a cada unha das propostas finalistas que non resultaron gañadoras.

Os traballos presentados, que non resultaron gañadores, estarán á disposición dos concursantes, durante un prazo de 1 mes a partir do veredicto do xurado, para a súa recuperación.

Décima.-A proposta gañadora pasará a ser propiedade do Servicio Galego de Saúde, e o seu autor responsabilízase da orixinalidade e do resultado artístico do seu traballo perante o Servicio Galego de Saúde e terceiros, e responderá da creación na medida sinalada pola lexislación vixente sen que poida entenderse que exista responsabilidade ningunha por parte do Servicio Galego de Saúde.

Undécima.-O gañador cede e transfire en exclusiva ó Servicio Galego de Saúde, con autorización de ceder a terceiros, tódolos dereitos de autor renunciables que se deriven do traballo polo que resulta gañador, entendéndose que a cesión é para todo o mundo e ata a entrada das creacións no dominio público.

A devandita cesión inclúe os dereitos de reproducción, distribución e comunicación pública por calquera medio, o dereito de transformación dos debuxos por animación ou programa informático, e a edición gráfica e a súa reproducción en todo tipo de material, papel, tea, metal, material constructivo etc., xa sexa en emblemas, rótulos ou calquera outro soporte que supoña unha función de identificación do Servicio Galego de Saúde.

Duodécima.-A presentación a este concurso supón, por parte dos participantes, a aceptación na súa totalidade das presentes bases.