Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 18 de maio de 1995 Páx. 3.683

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

ANUNCIO de concurso.

Obxecto: son as obras descritas no proxecto para dotar de auga a parroquia de Aríns.

Tipo de licitación: 88.790.480 ptas., IVE incluído.

Prazo de execución: 6 meses.

Forma de licitación: o contrato adxudicarase polo sistema de concurso.

Clasificación do contratista: E, 1 e).

Prazo e lugar de presentación de proposicións: presentaranse no rexistro xeral do Concello de Santiago de Compostela de 9 a 14 horas dentro do prazo de vinte días hábiles contados a partir da publicación deste anuncio no BOE.

Apertura de plicas: terá lugar na Casa do Concello ás 12 horas do quinto día hábil seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.

Fianza provisional: 1.775.810 ptas.

Fianza definitiva: 4% do importe de adxudicación.

Modelo de proposición:

Don/Dona..., veciño/a..., con enderezo en (rúa/lugar, etc..).... nº..., e DNI nº.... en plena posesión da miña capacidade xurídica e de obrar, tomo parte en nome propio (ou en representación de ... ) na licitación do contrato de obras de .... para o que fago constar:

a) Ofrezo o prezo de ... (en letras e números)... ptas., o que supón unha baixa de... (en letras e números)... ptas., con respecto ó tipo de licitación.

b) Coñezo e acepto tódalas cláusulas do prego de condicións que rexe a licitación.

c) Comprométome a cumplir tódalas disposicións legais en materia de contratación laboral, Seguridade Social e protección á industria nacional.

...., ... de.., de 199..

O/A licitador/a.

Prego e proxecto: poderá consultarse no seguinte enderezo: Rúa Nova de Abaixo, 19-21. Santiago de Compostela (A Coruña). Telf (981) 59 33 85.

Santiago de Compostela, 6 de abril de 1995.

O alcalde

Rubricado