Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Venres, 19 de maio de 1995 Páx. 3.776

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

RESOLUCIÓN do 9 de maio de 1995 pola que se somete a información pública o expediente expropiatorio dos bens e dereitos que se precisan ocupar para a execución do parque de Ordes.

O Instituto Galego da Vivenda e Solo, con data 28 de febreiro de 1991, asinou un convenio co Concello de Ordes a creación dun parque empresarial no municipio.

A Comisión Provincial de Urbanismo da Coruña, en sesión celebrada o día 26 de novembro de 1993, adoptou un acordo polo que se aprobou definitivamente o Plan Parcial do Parque Empresarial de Ordes.

Este plan parcial establece como sistema de actuación para a súa execución o sistema de expropiación, o que implica a declaración de utilidade pública das obras e a necesidade de ocupación dos terreos e edificacións correspondentes para os fins das expropiacións de acordo co disposto no artigo 132 do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana.

Os bens e dereitos afectados pola expropiación están comprendidos dentro do ámbito da unidade de execución delimitada no Plan Parcial do Parque Empresarial de Ordes, e están concretados na relación de propietarios e titulares de bens e dereitos que se precisan ocupar, que se publica conxuntamente con esta resolución.

De conformidade co previsto no artigo 219.2º e 3º do Real decreto lexislativo 1/1992, do 26 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei sobre réxime do solo e ordenación urbana, sométese a información pública o expediente de expropiación dos bens e dereitos que se precisan ocupar par a execución do parque empresarial de Ordes.

O expediente estará exposto nas oficinas da sociedade de Xestión Urbanística da Coruña, S.A. (Xestur-A Coruña), sita na r\ Ronda de Nelle 12 bis-1º, 15005 A Coruña, polo prazo de un mes, a partir do da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Durante o citado prazo, todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las alegacións que coiden oportunas, por triplicado exemplar, no rexistro da Xefatura da Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, sita no edificio administrativo Monelos, r\ Salvador de Madariaga, s/n, na Coruña.