O Pleno do Concello, en sesión que tivo lugar o día 7 de abril de 1995, aprobou o prego de condicións económico-administrativas para concertar mediante concurso, coa modalidade de admisión previa da contratación de préstamos, con previa apertura de póliza de crédito, para financia-lo orzamento de investimento municipal para 1995.
De conformidade co artigo 122 do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, tendo en conta o establecido no artigo 116 queda exposto ó público durante o prazo de oito días hábiles para efectos de presentación de reclamacións.
Simultaneamente e para o caso de que non se produzan anúnciase a licitación de acordo coas seguintes condicións, se ben, aprazarase cando resulte necesario no suposto de que foran formuladas aquelas contra os pregos de condicións:
1. Obxecto: é o obxecto do presente concurso, con admisión previa de licitadores, a contratación de préstamo, con previa apertura de póliza de crédito.
2. Contía da operación: 113.200.000 ptas., as cales se poderán ofertar corixunta ou separadamente ós seguintes lotes:
-Lote 1.
Contía: 35.200.000 ptas.
Cancelación: 20 amortizacións trimestrais.
-Lote 2.
Contía: 78.000.000 de ptas.
Cancelación: 40 amortizacións trimestrais.
3. Pregos de condicións particulares: poderá recollerse na Sección de Contratación deste concello, de nove a trece horas.
4. Fianza provisional e definitiva: quedan eximidas as entidades licitadoras, así como a adxudicataria, de ámbolos dous requisitos, segundo o disposto no artigo 341 do RXCE en relación ó artigo 112.2º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e do artigo 4.2º da Lei de contratos do Estado.
5. Presentación de proposicións: as proposicións para poder tomar parte no concurso presentaranse na Sección de Contratación, en horario de 9 a 13 horas, en dous sobres pechados, asinados polo licitador ou persoa que o represente, nos que engadirá a documentación esixida na cláusula sétima.
O prazo de presentación será de 20 días hábiles contados a partir do día seguinte ó que se publique o último anuncio de licitación no BOP e no Diario Oficial de Galicia.
6. Acto de apertura de proposicións: no salón de reunións da Casa do Concello, ás 11 horas do día hábil seguinte ó que remate o prazo de presentación terá lugar o acto público de admisión previa. A continuación procederase á apertura das proposicións.
7. Modificación dos prazos: para os efectos de finalización do prazo de apertura delas, considérase inhábil o sábado.
8. Proposición e documentación esixida: as entidades licitadores presentarán as súas proposicións segundo o modelo que figura nos pregos de condicións, xuntando en sobre á parte a documentación esixida na condición sétima dos pregos de condicións.
Oleiros, 10 de abril de 1995.
Ángel García Seoane
Alcalde-presidente