Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 107 Martes, 06 de xuño de 1995 Páx. 4.188

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

ORDE do 19 de abril de 1995 pola que se fixa o prezo de venda ó público da publicación: Farmacoepidemiología: ensayos clínicos, farmacovigilancia, estudios de utilización de medicamentos.

A Ley 13/1991, do 9 de decembro, de taxas, prezos e exaccións reguladoras da Comunidade Autónoma de Galicia, no seu artigo 6, sinala a obriga de que os prezos privados sexan fixados polas consellerías correspondentes, logo do informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, e publicados no Diario Oficial de Galicia.

Para cumprir este mandado e despois de emitido o informe favorable da Consellería de Economía e Facenda, esta consellería,

DISPÓN:

Artigo único.

1. Queda aprobado o prezo de venda ó público da publicación editada por esta consellería que se relaciona no anexo.

2. Este prezo entenderase, se é o caso, con IVE incluído.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1995.

José Manuel Romay Beccaría

Conselleiro de Sanidade e Servicios Sociais

ANEXO I

Farmacoepidemiología: ensayos clínicos, farmacovigilancia, estudios de utilización de medicamentos: 3.000 pesetas.