Aprobado inicialmente en sesión extraordinaria do Concello Pleno con data 12 de maio de 1995 o Plan Parcial do Sector A-6, do PXOU de Ourense, por instancia de María Antonia Rodríguez López, en representación do 90,99% dos propietarios do sector A-6, condicionado ó depósito de garantía na cantidade de sesenta e tres millóns seiscentas corenta e nove mil trescentas trinta e oito pesetas, 63.649.338 ptas., en conformidade co artigo 46 c) do RPU.
Anúnciase a exposición ó público do dito proxecto no Departamento de Xestión e Promoción Urbana, deste concello, polo prazo dun mes, contado a partir da última data de publicación oficial co obxecto de que as persoas ou entidades interesadas poidan formula-las alegacións ou reclamacións que coiden pertinentes.
Ourense, 18 de maio de 1995.
Manuel Veiga Pombo
Alcalde

