En cumprimento do acordado pola xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Ribeira, Eva María Doval Lorente, no xuízo verbal de faltas número 18/1995, que se segue neste xulgado por resistencia a axentes da autoridade, cítase en legal forma a María Isabel e Catalina Estévez Godoy, actualmente en paradoiro descoñecido, co fin de que o día 14 de xuño de 1995, ás 12 horas, compareza perante a sala de audiencias deste xulgado, para asistir á vista do correspondente xuízo, advertíndolle que, de non comparecer, recaerán sobre ela os prexuízos a que houber lugar en dereito, e que deberá acudir cos medios de proba de que intente valerse.
E para que sirva de citación en forma para a súa publicación no DOG, expido e asino a presente cédula en Ribeira o vinteseis de maio de mil novecentos noventa e cinco.
O secretario
Rubricado
XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE
SANTIAGO DE COMPOSTELA

