A Consellería de Economía e Facenda anuncia o concurso público aberto para a contratación de asistencia técnica en Visual Basic para o desenvolvemento de aplicacións informáticas. As características básicas da contratación son as seguintes:
Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia, Consellería de Economía e Facenda, Secretaría Xeral e do Patrimonio, San Caetano, 15704 Santiago de Compostela. Teléfono 54 41 34.
Modalidade: concurso público aberto.
Obxecto: asistencia técnica en Visual Basic para o desenvolvemento de aplicacións informáticas.
Prazo de execución: seis meses.
Forma de pagamento: por transferencia mensual, con facturación previa.
Orzamento máximo: oito millóns setecentas mil pesetas (8.700.000 ptas.), IVE incluído.
Fianza provisional: cento setenta e catro mil pesetas (174.000 ptas.).
Documentación de interese para os licitadores: estará a disposición dos licitadores durante o prazo de presentación de proposicións, desde as 9 ás 14 horas, no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda (edificios administrativos de San Caetano en Santiago de Compostela).
Presentación de proposicións: as proposicións elaboraranse segundo o modelo que figura no prego de cláusulas administrativas particulares e deberanse presentar en man no rexistro xeral da Consellería de Economía e Facenda, ou por correo na forma establecida no artigo 100 do Regulamento xeral de contratación do Estado, antes das 14 horas do vixésimo día hábil seguinte ó da publicación do anuncio do concurso no Diario Oficial de Galicia.
Documentación que teñen que presenta-los licitadores: a esixida no prego de cláusulas administrativas particulares.
Apertura de proposicións: a Mesa de Contratación procederá á apertura das proposicións económicas en acto público ó que poderán asisti-los licitadores e os seus representantes, nas dependencias da Secretaría Xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda, en San Caetano (Santiago de Compostela) ás 11 horas do cuarto día hábil, que non coincida en sábado, seguinte ó do remate do prazo de presentación das proposicións.
O importe do anuncio de licitación correrá a cargo do adxudicatario.
Santiago de Compostela, 16 de maio de 1995.
Emilio Álvarez Rey
Secretario xeral e do Patrimonio da Consellería de Economía e Facenda
CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS
E VIVENDA

