Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 116 Luns, 19 de xuño de 1995 Páx. 4.597

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 6 de abril de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 3902 A.T.).

Visto o expediente incoado nesta delegación provincial por instancia de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. con domicilio na cidade de Viveiro, Lugo, en solicitude de autorización para instalar C.T. para edificio Caixa Galicia en praza Santa María en Lugo e cumpridos os trámites de información pública que determina o artigo 9 do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sen que se presentase oposición nin obxeccion ningunha á citada solicitude.

O delegado provincial, de conformidade co Decreto 1634/1980, artigo 14, e co 2617/1966, artigo 11, así como coas demais disposicións vixentes, resolveu:

Autorizar a BEGASA a instalación do entronque en C.T. Clérigos. Liña de media tensión subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 198 metros, cable eprotenax 1 x 95 mm Al, en Lugo.

Esta autorización non supón a aprobación do proxecto.

Lugo, 6 de abril de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo