Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.808

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

RESOLUCIÓN do 12 de xuño de 1995, da Dirección Xeral de Persoal, pola que se elevan a definitivas as relacións de aspirantes admitidos e excluídos ó proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, convocado por Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril).

De conformidade co disposto no punto 18 da convocatoria do proceso selectivo para ingreso no corpo de mestres, Orde do 28 de marzo de 1995 (DOG do 7 de abril), vistas as reclamacións presentadas contra a lista provisional de admitidos e excluídos, publicada pola Resolución do 10 de maio de 1995 (DOG do 19 de maio).

Esta dirección xeral resolveu elevar a definitivas as mencionadas relacións, coas modificacións que se conteñen nos anexos desta resolución.

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 1995.

Jaime García García

Director xeral de Persoal