Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 118 Mércores, 21 de xuño de 1995 Páx. 4.851

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 19 de abril de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai público o cambio de titularidade da concesión do servicio público regular permanente e de uso xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2431; XG-232, entre Mos e Vigo. (Provincia de Pontevedra).

Basilio Vázquez Rodríguez, titular da concesión do servicio público regular permanente e de uso

xeral de transporte de viaxeiros por estrada: V-2431; XG-232, entre Mos e Vigo, e Autocares Lucho, S.L. solicitaron o cambio de titularidade da citada concesión a favor desta última.

Esta dirección xeral resolveu autoriza-lo dito cambio de titularidade quedando subrogado o novo concesionario nos dereitos e abrigas do cedente fronte á Administración.

Santiago de Compostela, 19 de abril de 1995.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes