Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 121 Luns, 26 de xuño de 1995 Páx. 5.005

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN DE ARZÚA

EDICTO (43/1993).

A xuíza do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número un de Arzúa, Dolores de los Ríos Anderez, fai saber:

Que neste xulgado do meu cargo, baixo o nº 43/1993, se segue procedemento de xuízo de cognición, por instancia de Mapfre finanzas, representado polo procurador Ricardo García Piccoli Atanes, contra Ramón López Muíños, en reclamación de cantidade, nos autos do cal se acordou sacar á venda en primeira e pública poxa, polo termo de vinte días e prezo da súa taxación os bens embargados no procedemento e que, ó final do presente edicto se detallarán.

A poxa celebrarase o próximo día vinte de xullo ás 10 horas da mañá, na sala de audiencia deste xulgado, sito na rúa Lugo, 45, de Arzúa, baixo as seguintes condicións:

1º.-O tipo do remate será o do valor dado ós bens de 1.000.000 ptas. (un millón de pesetas), para cada un dos primeiros vehículos que se poxan e o de 3.000.000 de ptas. para o terceiro, sen que se admitan ofertas que non cubran as 2/3 partes da dita suma.

2º.-Para tomaren parte na poxa os licitadores deberán consignar previamente polo menos o vinte por cento do tipo do remate no establecemento destinado para o efecto (Banco Bilbao Vizcaya, S.A.), conta de consignacións nº -1510-000-14-0043/93.

3º.-Soamente o executante poderá cede-lo remate a un terceiro.

4º.-Poderanse facer ofertas por escrito, en prego cerrado, desde o anuncio da poxa ata a súa celebración, depositándoo na mesa do xulgado, e xunto co prego, o resgardo acreditativo do ingreso do importe indicado no punto nº 2.

5º.-Que as cargas e gravames anteriores e as preferentes ó crédito do demandante continuarán subsistentes, entendéndose que o rematante as acepta e queda subrogado na responsabilidade delas, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

6º.-Para o suposto de que resultase deserta a primeira poxa, sinálase para que teña lugar a segunda o próximo día vinteún de setembro ás 10 horas, nas mesmas condicións que a primeira, excepto no tipo do remate, que será o setenta e cinco por cento do da primeira; e, caso de resultar deserta a dita segunda poxa, celebrarase unha terceira, sen suxeición a tipo, o día vinte de outubro ás 10 horas, para a que rexerán as restantes condicións fixadas para a segunda.

E para que así conste e sirva de notificación ó público en xeral e ós demandados en particular, expídese o presente edicto para a súa publicación nos respectivos boletíns oficiais que correspondan.

En Arzúa o once de maio de mil novecentos noventa e cinco.

A secretaria

Rubricado

Relación de bens obxecto da poxa

1.- Turismo Peugeot, modelo 405 1.9 GR, matrícula C-8291-AU.

2.- Camión Iveco, modelo 95.14, matrícula C-8613-AP.

3.- Tractocamión Iveco, modelo 190 36 T, matrícula C-8504-AU.

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO UN

DE SANTIAGO DE COMPOSTELA