Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 125 Venres, 30 de xuño de 1995 Páx. 5.199

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 28 de abril de 1995 pola que se autoriza o cambio de denominación do centro privado de perruquería e estética denominado Milagros, S.L. de Santiago de Compostela, A Coruña, que no sucesivo se denominará Academia de peluquería y estética Elsa, S.L.

Examinado o expediente iniciado por instancia de Elsa Rodríguez Soto, na súa condición de administradora da academia de perruquería e estética Elsa, S.L., en solicitude de cambio de denominación do centro privado que imparte ensinanzas da área tecnolóxico-práctica de perruquería e estética Milagros, S.L., con domicilio na r/Fernando III O Santo, nº 12, de Santiago de Compostela.

Resultando que a inspección de Formación Profesional informou favorablemente o cambio solicitado, sendo tamén favorable a proposta da delegación provincial.

Visto o Real decreto 401/1979, do 13 de febreiro, e o Real decreto 332/1992, do 3 de abril (BOE do 9), e demais disposicións complementarias.

Considerando que concorren no expediente tódolos requisitos esixidos nas disposicións vixentes para poder acceder ó solicitado. Esta consellería,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-lo cambio de denominación do centro privado de perruquería e estética Milagros, S.L., pola de Academia de peluquería y estética Elsa, S.L., que ostentará no sucesivo.

Segundo.-O cambio de denominación non afectará ó réxime de funcionamento do centro.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria