Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Mércores, 05 de xullo de 1995 Páx. 5.343

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 26 de xuño de l995, da Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, pola que se anuncia a licitación do contrato, polo sistema de concurso aberto, das obras de reforma e acondicionamento dunha galería de tiro de uso policial na Dirección Xeral de Seguridade.

A Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da Xunta de Galicia convoca o seguinte concurso:

Obxecto do contrato: reforma e acondicionamento dunha galería de tiro de uso policial nas instalacións da Dirección Xeral de Seguridade sitas na rúa de Roma, s/n, polígono das Fontiñas, Santiago de Compostela.

Orzamento: 15.000.000 de ptas., incluído o IVE e demais impostos de aplicación.

Prazo total de execución: dous meses contados desde o día seguinte ó da data da sinatura da acta de replanteo

Procedemento: aberto. Expediente de contratación ordinario.

Fianza provisional: 300.000 ptas.

Documentos de interese para os licitadores: os pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas, o proxecto e demáis documentación complementaria estará á disposición dos interesados na Secretaría Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, de luns a venres, de 9 a l4 horas, sita no edificio administrativo de San Caetano.- Bloque 5 - 3ª planta, l577l Santiago de Compostela.

As copias da documentación e o proxecto poderán solicitarse a Tórculo Artes Gráficas S.L., r/ Rosalía de Castro, 5l - baixo, 15703.- Santiago de Compostela, teléfono (98l) 59 78 55, mediante aboamento do seu importe.

Modelo de proposición: a proposición económica formularase de conformidade co modelo que se xunta ó prego de cláusulas administrativas particulares.

Prazo de presentación das proposicións: deberán entregarse ou enviarse nun sobre pechado ó Rexistro Xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais. O prazo remata ás catorce horas do día 7 de agosto de l995. Non se admiten variantes ou alternativas ó proxecto.

Apertura das proposicións: a apertura das proposicións económicas será realizada en acto público pola Mesa de Contratación, ás trece horas do día l7 de agosto de l995.

Documentos que deben aporta-los licitadores: os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares, segundo as circunstancias de cada licitador.

Anuncio: o importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de l995.

P.D. (Orde l3-l2-1993)

José Antonio Álvarez Vidal

Secretario xeral da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais

9504834