Vista a proposta do tribunal cualificador das probas selectivas para a provisión de dúas prazas de letrado do cadro de persoal do Parlamento de Galicia e a documentación presentada polas aspirantes seleccionadas, cumpríndose deste xeito o disposto nas bases novena e décima da convocatoria publicada no Diario Oficial de Galicia, número 188, do 28 de setembro de 1994.
A mesa na reunión celebrada o día 27 de xuño de 1995 e en exercicio das facultades que ten conferidas polos artigos 30.1 3ª e 60.2º do Regulamento do Parlamento de Galicia e 53 do Estatuto de persoal, nomea funcionarias do Parlamento de Galicia, do grupo A, letradas, nos termos previstos no artigo 47 do referido Estatuto de persoal a:
Purificación López Gómez e Raquel Rodríguez Carro.
As nomeadas tomarán posesión do seu posto de traballo dentro do prazo de un mes a partir da publicación da presente resolución no Diario Oficial de Galicia.
O que se publica para xeral coñecemento.
Santiago de Compostela, 27 de xuño de 1995.
Victorino Núñez Rodríguez
Presidente do Parlamento de Galicia
3410

