Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.466

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE SANIDADE E SERVICIOS SOCIAIS

RESOLUCIÓN do 22 de febreiro de 1995, da Dirección Xeral de Servicios Sociais, pola que se notifica a incoación de expediente sancionador S.S.01/95.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que no anexo se menciona a incoación de expediente sancionador, por infracción da Lei 4/1993, do 14 de abril, de servicios sociais.

Que así mesmo, designo instructor do expediente a José Ramón Rodríguez del Valle e secretaria a Asunción Román Egaña.

O que se notifica, para os efectos previstos no artigo 29 da devandita Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, podendo recusalos en calquera momento do expediente por algunha das causas previstas no artigo 28 da citada lei.

Para os efectos previstos na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, o denunciado disporá dun prazo de quince días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para formula-las alegacións, achegar documentos e probas que conveñan ó seu dereito, advertíndolle de que de non efectuarse alegación ningunha no prazo fixado, este acordo de incoación poderá ser considerado proposta de resolución, de darse os supostos previstos no artigo 13 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE do 9 de agosto).

Santiago de Compostela, 22 de febreiro de 1995.

Manuel Aguilar López

Director xeral de Servicios Sociais

ANEXO

Expediente: S.S.01/95.

Denunciada: Carmen González Baca.

Último domicilio coñecido: Barrio de Canido, nº 53, Nigrán.

Feito denunciado: creación e funcionamento dun centro de terceira idade sen autorización. Desatende-las necesidades de atención sanitaria.

Precepto infrinxido: artigos 62.2º e 62.5º da Lei 4/1993, de servicios sociais.

Precepto sancionador: artigos 65 b da Lei 4/1993, de servicios sociais.

Sanción: 250.001 ptas.

3583