Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Venres, 07 de xullo de 1995 Páx. 5.469

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 10 de maio de 1995, da Delegación Territorial de Lugo (Celeiro-Viveiro), pola que se fai pública, para efectos de notificación, o prego de cargos dos expedientes sancionadores instruídos contra Translota, S.L. (expedientes sancionadores LU-037/95 e LU-038/95).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27) notificase o prego de cargos nos expedientes sancionadores números LU-037/95 e LU-038/95, instruídos a Translota, S.L. con último domicilio coñecido no polígono de Sabón, nave 10. P-143-Arteixo (A Coruña), por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG nº 99, do 27 de maio e BOE do 30 de setembro) sobre infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

O dito interesado dispón dun prazo de dez días, contados a partir do seguinte ó da publicación da presente cédula para poder examina-los expedientes na Delegación Territorial da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura de (Celeiro-Viveiro) Lugo, Avda. Ramón Canosa s/n, e presentar ante a dita delegación as alegacións que considere pertinentes conforme o disposto no artigo 16.4º da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Celeiro-Viveiro, 10 de maio de 1995.

A. Alejandro Alonso Pantoja

Delegado territorial de Lugo

95-2684