Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Martes, 11 de xullo de 1995 Páx. 5.543

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 5 de xuño de 1995, da Secretaría Xeral para o Deporte, pola que se emprazan as partes interesadas no recurso contencioso-administrativo número 02/0004798/1995, interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia.

O 26 de maio de 1995, a Secretaría Xeral para o Deporte recibe da sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo, do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a providencia pola que se admite o recurso contencioso-administrativo número 02/0004798/1995, interposto polo Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia, contra o acordo da Secretaría Xeral para o Deporte do 3-4-1995 sobre denegación de reclamación de honorarios polo proxecto técnico de reforma do pavillón polideportivo de Porto do Son.

En consecuencia, esta secretaría xeral acordou nesta data, e de conformidade co disposto no artigo 64 da Lei do 27 de decembro de 1956, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, modificada pola Lei 10/1992, do 30 de abril, a remisión do correspondente expediente administrativo á referida sala. O que se notifica para xeral coñecemento de tódalas persoas interesadas no procedemento que son emprazadas para que poidan comparecer en forma en autos na sección segunda da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de nove días.

Santiago de Compostela, 5 de xuño de 1995.

P.D. (Orde 21-5-1990)

Eduardo Lamas Sánchez

Secretario xeral para o Deporte

95-3627