De conformidade co disposto na base VII da convocatoria publicada no DOG nº 120, do 23 de xuño (corrección de erros DOG nº 123, do 28 de xuño), a composición do referido tribunal é a seguinte:
Tribunal titular.
Presidente: Miguel A. Crespo Domínguez, conselleiro de Contas.
Secretaria con voz e voto: Mª Eugenia Pascual Grasa, Sección de Persoal e Material.
Vocais:
José Iglesias de la Fuente, técnico de auditoría.
Dionisio Rodríguez Rodríguez, axudante de auditoría.
Jesús Tarrío Peón, representante sindical.
Tribunal suplente.
Presidente: Carlos Otero Díaz, conselleiro maior.
Secretario con voz e voto: Amalia Cintrón Dapena, auxiliar administrativa.
Vocais:
José Antonio Brenlla Negreira, axudante de auditoría.
Beatriz Gorrochategui Santos, axudante de auditoría.
Ana García Cao, representante sindical.
Así mesmo, visto o acordo do tribunal, anúnciase que a lista provisional de aspirantes admitidos e excluídos, á que fai referencia a base VI da convocatoria, atópase exposta no taboleiro de anuncios da planta baixa do edificio sede do Consello de Contas, rúa de Ramón Piñeiro, nº 29, en Santiago de Compostela.
Contra este acordo do tribunal e segundo o recollido na citada base, poderase reclamar no prazo de cinco días.
Santiago de Compostela, 13 de xullo de 1995.
Carlos Otero Díaz
Conselleiro maior do Consello de Contas de Galicia
95-4518

