Vista a proposta e a documentación aportada polo Concello de Gondomar (Pontevedra) relativa á supresión do posto de colaboración de adxunto á Intervención, do devandito concello, reservado a funcionarios/as de Administración local con habilitación de carácter nacional,
Esta consellería, de conformidade co establecido no artigo 159.1º do Real decreto lexislativo 781/1986, do 18 de abril, e no artigo 2g) do Real decreto 1732/1994, do 29 de xullo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 13.2º 17 da Lei 4/1988, do 26 de maio,
DISPÓN:
Suprimi-lo posto de adxunto á intervención do Concello de Gondomar, provincia de Pontevedra.
Contra a presente orde poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 20 de xuño de 1995.
Dositeo Rodríguez Rodríguez
Conselleiro da Presidencia e Administración Pública
95-4979