Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.066

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

ORDE do 5 de xuño de 1995 pola que se modifica a inserción dos municipios da Comunidade Autónoma nas distintas áreas xeográficas establecidas no Real decreto 1932/1991, do 20 de decembro, sobre medidas de financiación en materia de vivenda.

A Orde do 20 de marzo de 1992, pola que se determinan as áreas xeográficas aplicables ás operacións

de promoción e adquisición de vivendas de protección oficial, adquisición de vivenda a prezo taxado e rehabilitación, establece a inserción dos municipios de Galicia nas distintas áreas xeográficas das establecidas no Real decreto 1932/1991, do 20 de decembro, sobre medidas de financiamento de actuacións protexibles en materia de vivenda (Plan 1992-1995).

Tendo en conta a evolución dos factores que serviron de base á definición de áreas xeográficas homoxéneas no territorio da Comunidade Autónoma, é necesaria a modificación da inserción daqueles concellos nos que variaron claramente as condicións obxectivas que as determinaron.

En virtude do anterior,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Modifícase a inserción dos municipios da Comunidade Autónoma que se sinalan nas distintas áreas xeográficas, que pasa a se-la seguinte:

-Municipios que pasan a estar integrados na área xeográfica 3ª:

* Boqueixón.

-Municipios que pasan a estar integrados na área xeográfica 2ª:

* Cedeira, Cee, Melide, Padrón, Sada.

* Burela, Chantada.

* Allariz, Ribadavia, A Rúa, Xinzo de Limia.

* Cambados.

Artigo 2º

O disposto no artigo anterior será de aplicación:

-Ás actuacións protexibles en materia de vivenda e solo definidas no Real decreto 1932/1991, de 20 de decembro.

-Ás actuacións en matria de vivendas de protección oficial de promoción directa por parte da Comunidade Autónoma.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor ó día seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, cinco de xullo de mil novecentos noventa e cinco.

José Cuíña Crespo

Conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda

5144