Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Luns, 31 de xullo de 1995 Páx. 6.068

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de maio de 1995, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente nº: IN407A 95/18-1).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución das instalacións eléctricas que a continuación se detallan:

-Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.

-Domicilio social: Severo Ochoa, 2, 15008 A Coruña.

-Denominación: L.M.T., C.T. Rúa Oviedo.

-Situación: Meicende, Arteixo.

-Características técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión, a 15/20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x95) mm Al de 44 m de lonxitude, con orixe na liña denominada Á Artística, Expte. 27327, e remate en C.T. a construír en Rúa de Oviedo. Meicende. Centro de transformación aéreo de 160 kVA e tensións de 20 / 0,380-0,220 kV, do que parte rede de baixa tensión Pousada sobre fachadas de 180 m de lonxitude. Arteixo.

Cumpridos os trámites ordenados nos capítulos III e IV do Decreto 2617/1966, do 20 de outubro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial,

RESOLVE:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, nas que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan nos expedientes.

A Coruña, 24 de maio de 1995.

Juan Ignacio Lizaur Otero

Delegado provincial da Coruña

4407