Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Martes, 01 de agosto de 1995 Páx. 6.138

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 24 de xullo de 1995 pola que se anuncia a concesión de axudas económicas a empresas xornalísticas e de radiodifusión.

En cumprimento do disposto no Decreto 417/1990, do 31 de xullo (DOG nº 157, do 10-8-1990), polo que se regulan as axudas para empresas xornalísticas e de radiodifusión e, en uso das facultades que teño conferidas,

DISPOÑO

Artigo 1º

Poderán solicita-las axudas obxecto da presente orde as empresas xornalísticas e de radiodifusión que, reunindo os requisitos establecidos no Decreto 417/1990, do 31 de xullo, publiquen ou difundan informacións, programas, artigos, reportaxes, colaboracións ou seccións orientadas á observancia das finalidades previstas no artigo 2 do devandito decreto.

Artigo 2º

Quedan excluídos da concesión de axudas:

a) Os boletíns interiores de institucións.

b) As publicacións de partidos políticos, asociacións relixiosas ou entidades públicas.

c) As de distribución gratuíta.

d) As publicacións ou emisións que reciban axudas doutros organismos da Xunta de Galicia por conceptos

similares ós previstos no Decreto 417/1990, do 31 de xullo.

Artigo 3º

A contía global das axudas non poderá exceder de cento cincuenta millóns (150.000.000) de pesetas, e serán concedidas con cargo á partida orzamentaria 04.07.353.F 470.00 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 1995.

Cada subvención individualizada non superará o 50% do importe total do orzamento das axudas.

Artigo 4º

As solicitudes, axustadas ó modelo oficial que se publica como anexo desta orde, dirixiranse ó secretario xeral de Comunicación e deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

A) Empresas xornalísticas:

1.-Memoria na que se fagan consta-los números publicados durante o presente ano, ata o 30 de setembro, número de traballos ou artigos escritos en lingua galega durante o mesmo período e porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

2.-Testemuño auténtico da escritura de poder cando o solicitante obre en representación da persoa física ou xurídica titular do medio.

3.-Certificación da inscrición no Rexistro Mercantil, no caso de que o titular sexa persoa xurídica.

4.-Copia do documento nacional de identidade do solicitante ou representante.

5.-Copia da licencia fiscal.

6.-Xustificación de estar ó día nos pagamentos das obrigas tributarias e á Seguridade Social.

7.-Certificación de non ter contraída ningunha débeda coa Comunidade Autónoma.

8.-Declaración do número de exemplares difundidos da publicación de que se trate durante o período a que alude o apartado 1º, acompañada da documentación que o acredite. Incidirá especialmente na valoración a certificación librada pola Oficina da Xustificación da Difusión (O.X.D.).

B) Empresas de radiodifusión:

1.-Memoria na que se faga consta-la programación, especificando que parte dela se realiza en lingua galega. Este último extremo acreditarase mediante declaración xurada.

2.-A que se establece nos números 2, 3, 4, 5, 6 e 7 do apartado A do presente artigo.

3.-Informe do Estudio Xeral de Medios relativo á audiencia media estimada da emisora solicitante durante o período a que se refire o apartado A.1.

Artigo 5º

As solicitudes poderán presentarse no rexistro xeral da Xunta de Galicia, sito na planta baixa do edificio

administrativo número 1 -central- de San Caetano, Santiago de Compostela, directamente ou a través dos procedementos establecidos no artigo 38.4º da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

O prazo de presentación de solicitudes será de 30 días naturais a partir do 30 de setembro de 1995.

Artigo 6º

As solicitudes presentadas serán examinadas por unha comisión integrada polos seguintes membros:

Presidente:

-O secretario xeral de Comunicación.

Vocais:

-O director xeral de Política Lingüística da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, ou persoa en quen delegue.

-Un funcionario da Secretaría Xeral de Comunicación con categoría non inferior a xefe de servicio.

-O director da Oficina de Prensa.

Secretario:

-Un funcionario da Secretaría Xeral de Comunicación con categoría non inferior a xefe de servicio.

-O director da Oficina de Prensa.

Secretario:

-Un funcionario da Secretaría Xeral de Comunicación con categoría xefe de sección.

Artigo 7º

A valoración das solicitudes presentadas basearase nos seguintes criterios:

a) Uso da lingua galega.

b) Tirada de exemplares.

c) Número de lectores ou oíntes.

d) Porcentaxe de publicacións, informacións ou emisións encamiñadas á normalización da lingua galega e difusión da identidade e cultura de Galicia.

Artigo 8º

A comisión poderá solicitar tódolos informes que considere necesarios, e dirixirá proposta ó secretario xeral de Comunicación para que adopte a resolución que proceda.

Artigo 9º

A resolución respecto da presente liña de subvencións será notificada a tódolos solicitantes transcorridos 3 meses desde o remate do prazo de presentación de solicitudes. Esgotado o devandito prazo sen resolución expresa, deberá entenderse desestimada a peti

ción correspondente (artigo 43.2º c)), contrario sensu, da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Artigo 10º

Con independencia da súa contía, e antes de proceder ó seu cobro, os beneficiarios da subvención terán que acreditar que se atopan ó corrente das súas obrigas tributarias e sociais, e que non teñen pendente de pagamento ningunha débeda, por ningún concepto, coa Administración pública da Comunidade Autónoma.

O pagamento farase efectivo na súa totalidade unha vez adoptada a resolución á que se refire o artigo anterior.

Disposición derradeira

Nos aspectos non contidos na presente orde, haberá que aterse ó disposto nos artigos 78 e 79 da Lei 11/1992, de réxime financeiro e orzamentario de Galicia, e a Lei 6/1994, do 29 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma galega para o ano 1995.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

4630