Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 152 Mércores, 09 de agosto de 1995 Páx. 6.330

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 9 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Lugo, pola que se autoriza e se declara de utilidade pública o establecemento da instalación eléctrica que se cita. (Expediente número 4239 A.T.).

Visto o expediente incoado na sección de industria desta delegación provincial por petición de Barras Eléctricas Galaico-Asturianas, S.A. (BEGASA), con domicilio en r/Cidade de Viveiro, 4-1º-Lugo, no que

solicita autorización e declaración de utilidade pública para o establecemento dunha instalación eléctrica de media tensión, e cumpridos os trámites regulamentarios ordenados no capítulo III do Decreto 2617/1966, sobre autorización de instalacións eléctricas, e no capítulo III do regulamento aprobado polo Decreto 2619/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e conforme o disposto no Real decreto 2634/1980, do 31 de xullo, sobre transferencia de competencia da Administración do Estado á Xunta de Galicia en materia de industria, esta delegación provincial resolveu,

Autorizar a instalación eléctrica que ten como características principais as seguintes:

Liña media tensión a 20 kV, con conductor LA-30 de 31,1 mm de sección, sobre apoios de formigón ou torre metálica RU-6704A, cunha lonxitude de 650 metros. Centro de transformación de 100 kVA, 20.000/380-220 V, instalado sobre dous postes de formigón o remate da liña de media tensión. Rede de baixa tensión con conductor R.Z.-95-50-25, tensado sobre apoio de formigón ou grampado en fachada, para mellora do servicio eléctrico nos lugares de Carballido, Travesa e Paboi de Abaixo, no concello de Lugo.

Declara-la utilidade pública da instalación eléctrica que se autoriza para os efectos sinalados na Lei 10/1966, sobre expropiación forzosa e sancións en materia de instalacións eléctricas, e no seu regulamento de aplicación, do 20 de outubro de 1966.

Esta instalación non poderá entrar en servicio mentres o seu peticionario non conte coa aprobación do proxecto de execución, logo de cumpri-los trámites que se sinalan no capítulo IV do citado Decreto 2617/1966, do 20 de outubro.

Lugo, 9 de xuño de 1995.

Jesús Bendaña Suárez

Delegado provincial de Lugo

95-5170