O pleno, en sesión do 14 de xullo de 1995, aprobou os pregos de condicións para contratar por poxa a limpeza de varios colexios de EXB no termo municipal da Estrada, segundo os seguintes datos resumidos:
-A execución do contrato axustarase ás condicións expresadas no prego de prescricións técnicas.
O contrato a que se refire o presente prego comezará o día 1 de setembro de 1995 e rematará o día 30 de xuño de 1998.
Este contrato ten natureza administrativa, e rexerase polo establecido nel, polas normas contidas na Lei de contratos das administracións públicas nº 13/1995, do 18 de maio, e lexislación específica das administracións locais.
O empresario queda obrigado, con respecto ó persoal que empregue na execución do contrato, ó cumprimento das disposicións vixentes, especialmente en materia da lexislación laboral e fiscal así como ó cumprimento das que poidan promulgarse durante a execución del, así como a contrata-lo persoal que, tendo dereito a iso, estivera traballando nos centros que se adxudican.
Os tipos de licitación serán os seguintes:
I.-Colexio de Souto de Vea e escolas unitarias de Santo André de Vea, San Xiao de Vea, Santa Cristina de Vea, Santeles e Ribeira: 2.350.000 ptas.
II.-Colexio de Codeseda con polideportivo e escolas unitarias de Montillón, Nigoi, Tabeirós, Somoza, Vinseiro e Guimarei: 2.500.000 ptas. anuais.
III.-Colexio do Foxo e polideportivo: 2.200.000 ptas. anuais
IV.-Colexio Pérez Viondi e polideportivo: 2.700.000 ptas. anuais
V.-Colexio de Figueiroa e polideportivo: 2.200.000 ptas. anuais.
As proposicións económicas presentaranse por separado para cada un dos colexios, sendo independente a adxudicación de cada un deles. A documentación deberá presentarse nun só sobre para tódolos colexios.
Os prezos deste contrato modificaranse automaticamente con referencia a xaneiro de cada ano na cantidade equivalente ó incremento do I.P.C.
En toda oferta presentada polos licitadores, entenderanse incluídos non soamente prezo de contratación e IVE, senón tamén tódolos impostos e gastos que do contrato se deriven, incluso o material de limpeza.
5.-Fianzas.
5.1.-A fianza provisional para poder presentar plicas á presente poxa fíxase no 2$ do tipo de licitación, e a fianza definitiva no 4% da adxudicación, salvo que procedera aplica-lo artigo 37.4 da lei.
5.2.-A fianza poderá constituírse en calquera das formas autorizadas pola lei, na Caixa da Tesourería Municipal.
5.3.-A fianza provisional devolverase unha vez adxudicada a obra definitivamente ós non adxudicatarios.
5.4.-A devolución da fianza definitiva solicitarase unha vez rematado o contrato.
6.-Presentación de plicas.
6.1.-As plicas presentaranse na secretaría xeral deste concello de 9 a 13 horas, durante o prazo de 26 días naturais por ser declarado urxente, contados a partir da publicación do anuncio de licitación no Diario Oficial de Galicia. De ser inhábil ou sábado o último día, trasladaríase ó seguinte primeiro día hábil.
6.2.-As plicas presentaranse en sobres pechados, e conterá o que contén a documentación, a seguinte inscrición: «Documentación para tomar parte na poxa para a limpeza de colexios»; e os que conteñan a oferta económica: «Oferta económica para o colexio de...».
6.3.-Rematado o prazo de recepción, a mesa procederá o día seguinte hábil á apertura dos sobres da documentación nun acto público que terá lugar ás 12 horas do dito día; se fose sábado trasladaríase o acto ó primeiro día hábil seguinte.
6.4.-Levarase a cabo ante a mesa constituída polo alcalde-presidente, ou concelleiro en quen delegue, o interventor de fondos e o secretario xeral da corporación, ou quen legalmente o substitúa. Comezará o acto de apertura dando coñecemento ó público do número de proposicións presentadas e nome dos licitadores, dando ocasión ós interesados para que poidan
comprobar que os sobres que conteñen a documentación se atopan nas mesmas condicións en que foron entregados.
6.5.-A Mesa de Contratación procederá á apertura dos sobres, indicándose en acta a documentación.
Seguidamente, e sen a asistencia dos licitadores, procederase a cualifica-los documentos presentados.
Os que non teñan a documentación correcta, non serán admitidos.
7.-Apertura de plicas.
7.1.-Oferta económica: terá lugar a continuación da cualificación da documentación.
O presidente notificará o resultado da cualificación dos documentos presentados con expresión das proposicións rexeitadas e a causa da súa inadmisión. Advirtirase ós presentes que poderán interpoñer recurso no prazo de cinco días ante o órgano competente para adxudica-la poxa.
7.2.-O alcalde dará opción ós licitadores admitidos para que poidan comprobar que os sobres que conteñen as ofertas económicas se atopan na mesa e nas mesmas condicións nas que foron entregados.
Acto seguido procederase á apertura da oferta económica contida nos sobres admitidos e a continuación á adxudicación provisional a aquela que resulte máis favorable a este concello.
7.3.-En caso de empate, abrirase licitación verbal entre as ofertas iguais se estiveran presentes representantes das empresas con poder suficiente. Noutro caso seguiría a licitación tres días despois entre os empatados. De non comparecer ningún deles, adxudicaríase ó que primeiro presentase a plica, segundo o libro rexistro correspondente.
7.4.-Efectuada a adxudicación provisional invitarase a tódolos licitadores asistentes a que expoñan as reclamacións que coiden oportunas contra o acto celebrado, levantándose acta que será asinada pola Mesa de Contratación e os que fixesen reclamacións.
No prazo de cinco días desde esta acta, os licitadores reclamantes poderán formalizar por escrito a súa reclamación.
Tódalas propostas económicas serán arquivadas no seu expediente, os documentos poderán ser retirados unha vez rematado o acto licitatorio polos que non obtivesen a adxudicación, salvo os que presentasen reclamacións.
8.-Adxudicación definitiva.
8.1.-Cumprido o prazo de cinco días da adxudicación provisional, o órgano competente resolverá sobre a validez ou nulidade do acto licitatorio e, considerado válido este, adxudicarase a favor da proposición máis ventaxosa de entre as admitidas ou
tamén de entre as refugadas que deberán admitirse de acordo á convocatoria, procedéndose seguidamente á devolución das garantías provisionais ós licitadores, agás ó adxudicatario.
8.2.-O pleno poderá aplicar, se o considera oportuno e se deran as condicións legais, a exclusión das plicas que incorresen en baixa temeraria.
14.-Documentación.-Para se admitir á poxa será necesario presenta-la seguinte documentación:
1.-Modelo de proposición.
2.-Documentos xustificativos da personalidade. Se se trata de empresa esixirase poder debidamente declarado bastante á custa do licitador polo secretario do Concello.
3.-Documentos xustificativos de dispoñer dunha organización con elementos persoais e materiais suficientes para a execución do contrato e que a empresa se dedique á actividade da limpeza. Poderanse presentar xustificantes de traballos realizados.
4.-Declaración responsable de non estar incurso en prohibición de contratar, conforme os artigos 15 a 20 da Lei de contratos do Estado.
5.-Xustificante de ter constituída a fianza provisional.
6.-A que acredite atoparase ó día das obrigas tributarias e de Seguridade Social.
As empresas estranxeiras presentarán declaración de someterse ós xulgados e tribunais españois con renuncia ó foro xurisdiccional estranxeiro que lles puidera corresponder.
Toda a documentación será orixinal, non admitíndose fotocopias, salvo que estas estean legalizadas ante notario ou compulsadas polo secretario da corporación.
15.-Gastos.-Os gastos por anuncios, reintegros, etc., serán por conta do adxudicatario.
Modelo de proposición: D...., veciño/a de..., con enderezo en..., en nome propio (ou en representación de...), informado/a do anuncio para a realización do servicio de limpeza no colexio de..., e aceptando as responsabilidades e obrigas que impoñen as condicións sinaladas para o efecto, comprométese a executalas pola cantidade de... (en letra) pesetas.
(Data e sinatura do propoñente).
No non establecido no presente prego haberá que aterse á normativa da Lei 13/1995, de contratos do Estado.
Os pregos íntegros encóntranse na secretaría xeral á disposición de tódolos interesados.
A Estrada, 19 de xullo de 1995.
O alcalde
Rubricado
9505497

