Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.742

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 23 de xuño de 1995, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se dispón a inscrición no rexistro e publicación no Diario Oficial de Galicia do convenio colectivo da empresa Lignotock, S.A.

Visto o expediente do convenio colectivo para a empresa Lignotock, S.A., da provincia de Pontevedra, que tivo entrada nesta delegación provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais o día 12-6-1995, subscrito en representación da parte económica por unha representación da empresa, e da

parte social polo comité de empresa en data 9-6-1995. De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º, da Lei 8/1980, do 10 de marzo, do Estatuto dos traballadores, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo, esta delegación da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais da provincia de Pontevedra,

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro de rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e a notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Sección de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (SMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación, no BOP e no Diario Oficial de Galicia (DOG).

Vigo, 23 de xuño de 1995.

Antonio Coello Bufill

Delegado provincial de Pontevedra

Convenio colectivo da empresa Lignotock, S.A.

Fábrica do Porriño

Anos 1995-1996

Artigo 1º.-Ámbito territorial.

O presente convenio será de aplicación no centro de traballo de Lignotock, S.A., existente no polígono industrial das Gándaras de Budiño, parcela 205, no Porriño (Pontevedra); e, por extensión, en calquera lugar onde o persoal poida presta-los seus servicios.

Artigo 2º.-Ámbito persoal.

O convenio será de aplicación a todo o persoal existente no momento da sinatura e a todo o que se incorpore con posterioridade a ela, quedando excluído deste artigo o persoal ó que se fai referencia no artigo 1.3º c do Estatuto dos traballadores.

Artigo 3º.-Ámbito temporal.

O presente convenio entrará en vigor o 1º de xaneiro de 1995, sen prexuízo da súa publicación oficial.

A súa vixencia será de dous anos, finalizando o 31 de decembro de 1996. Non obstante, subsistirán o seus preceptos ata a entrada en vigor do que o substitúa.

Entenderase prorrogado de ano en ano, a non ser que calquera das partes solicite, de forma legal, a súa revisión ou rescisión.

Artigo 4º.-Denuncia.

A denuncia do convenio presentarase con tódolos requisitos legais por calquera das partes, cunha anticipación mínima de tres meses á data de terminación da vixencia do convenio ou de calquera das súas prórrogas.

Artigo 5º.-Absorción e compensación.

As condicións que se establezan neste convenio absorberán e compensarán, en cómputo anual, calquera outra existente no momento da súa entrada en vigor e as que no futuro se puidesen establecer ata onde alcancen.

Artigo 6º.-Condicións máis beneficiosas.

O persoal que, con anterioridade ó establecemento do presente convenio, estivese a desfrutar de condicións máis beneficiosas que as aquí pactadas, conservaraas ad personam.

Artigo 7º.-Vinculación á totalidade.

As condicións pactadas forman un todo orgánico e indivisible e, para efectos da súa aplicación práctica, serán consideradas globalmente.

No suposto de que a autoridade laboral competente, no exercicio das facultades que lle son propias, non o aprobase na súa totalidade, quedaría sen efecto práctico, debéndose considerar de novo o seu contido.

Artigo 8º.-Comisión paritaria.

Para a aplicación, interpretación e cantas xestións se deriven deste convenio, créase unha comisión paritaria composta por dous membros do comité de empresa, dous representantes da dirección e o moderador da mesa negociadora do convenio.

Artigo 9º.-Organización do traballo.

A organización técnica e práctica do traballo, de acordo coas disposicións legais en vigor, é facultade da dirección da empresa.

Sobre esta materia os representantes legais dos traballadores terán as competencias e facultades recoñecidas nos artigos 41 e 64 do Estatuto dos traballadores.

Artigo 10º.-Productividade e absentismo.

Os representantes legais dos traballadores e a dirección da empresa, conscientes da incidencia que a productividade e o absentismo do persoal ten nos resultados finais da entidade, comprométense á consecución dunha mellora progresiva e permanente destes índices.

Artigo 11º.-Calidade do producto.

A calidade dos productos obtidos ou dos servicios prestados por un traballador ou grupo responderá ás condicións fixadas pola empresa nas normas, planos, croquis ou instruccións, etc. que se desen para realiza-lo traballo.

Os representantes dos traballadores e a dirección da empresa, conscientes da importancia da calidade para o noso sector, comprométense á consecución dunha mellora continua da calidade.

Se a calidade do producto ou servicios non acadase as especificacións requiridas, motivarán accións correctivas sobre a maquinaria, os métodos ou os traballadores, en función da causa que motive as deficiencias.

Artigo 12º.-Cesamentos voluntarios.

Os traballadores que desexen cesar voluntariamente no servicio da empresa quedarán obrigados a pólo en coñecemento desta, cumprindo os seguintes prazos de preaviso:

-Directivos, técnicos e xefes de departamento ou sección: 1 mes.

-Administrativos e persoal obreiro cualificado: 1 mes.

-Vixilantes e persoal obreiro non cualificado: 15 días.

O incumprimento por parte dos traballadores da obriga de preavisar coa indicada anticipación daralle dereito á empresa a descontar da liquidación do mesmo o importe do salario de un día por cada día de retraso no preaviso.

A empresa quedará obrigada a liquidar, ó finaliza-lo prazo, os conceptos fixos que poidan ser calculados en tal momento. O incumprimento desta obriga imputable á empresa levará emparellado o dereito do traballador a ser indemnizado co importe de un día por cada día de retraso na liquidación, co límite dos días de preaviso. Non existirá tal obriga e, por conseguinte, non nace este dereito se o traballador non preavisou coa anticipación debida.

Artigo 13º.-Xornada de traballo.

A xornada laboral máxima ordinaria será de 1.792 horas efectivas de traballo ó ano, cada un dos dous anos de vixencia do convenio. Non obstante, establécese un permiso individualizado de 8 horas por traballador e ano, que se desfrutará individualmente en 1996, quen non o poida facer no ano 1995.

Para efectos da distribución e cálculo da xornada anual, consideraranse como non laborables os días 24 e 31 de decembro.

O calendario laboral será elaborado anualmente pola dirección e os representantes dos traballadores no mes de xaneiro de cada ano, quedando salvagardada calquera modificación que, sobre esta materia, se puidese pactar en convenio.

Artigo 14º.-Horario de traballo.

a) Xornada partida:

1ª quenda2ª quenda

Luns a xoves8.30 a 13.45 h8.30 a 14.15 h

14.15 a 17.30 h14.15 a 17.30 h

Venres quenda única 8.30 a 13.45 h

14.15 a 15.00 h

b) Xornada continuada:

De luns a venres, 3 quendas rotatorias, co seguinte horario:

-Quenda de mañá: de 6 a 14 horas.

-Quenda de tarde: de 14 a 22 horas.

-Quenda de noite: de 22 a 6 horas.

Cando a empresa estableza un novo equipo de traballadores, as quendas rotaranse de luns a domingo, manténdose o mesmo horario.

A rotación das quendas será semanal, salvo pacto en contrario.

Artigo 15º.-Horas extraordinarias.

Terán a consideración de horas extraordinarias aquelas que excedan da duración da xornada ordinaria.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias correspóndelle á empresa e a libre aceptación ou denegación, ó traballador, a excepción daqueles casos en que a súa non realización lle produza á empresa graves prexuízos e/ou lle impida a continuidada da producción e/ou sexan causas de forza maior que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros ou outros análogos que por non se realizaren produzan evidentes e graves prexuízos á propia empresa ou a terceiros, así como o caso de risco de perda de materias primas.

As horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e as estructurais notificaránselle mensualmente á autoridade laboral conxuntamente entre a dirección e comité de empresa, para os efectos de obte-la reducción de recargos de cotización.

Horas extraordinarias estructurais son aquelas necesarias por perdas ou períodos punta de producción, ausencias impostas, cambio de quenda, mantemento ou traballos urxentes derivados da natureza de determinadas actividades.

Procurarase un reparto máis equitativo das horas extraordinarias, co fin de mante-lo principio de igualdade de oportunidades entre os traballadores da/s sección/s, e facilitándolle información ó comité.

As horas extras, de común acordo entre empresa e traballador, poderán ser compensadas por tempos equivalentes de descanso e unha prima de 430 ptas./hora en concepto de recuperación voluntaria de horas; ou aboarllas conforme o valor fixado no anexo II, acordándose unha conxelación do seu prezo nos valores actuais, durante a vixencia do convenio.

Artigo 16º.-Vacacións.

O réxime de vacacións anuais retribuídas do persoal afectado polo presente convenio será de 22 días laborables.

As vacacións anuais non poderán ser compensadas en metálico, sendo obrigatorio o seu desfrute.

A empresa, logo de información ó comité, poderá organizar quendas de vacacións en función da carga e da urxencia dos traballos en curso a realizar, os cales terá que pactar cos traballadores afectados.

Estableceranse quendas rotatorias plurianuais equitativas para o persoal que, por razóns de organización, non poida desfruta-las súas vacacións nos períodos sinalados.

As retribucións do persoal en período de vacacións comprenderán o salario base, antigüidade e plus de convenio.

Artigo 17º.-Retribucións.

As retribucións do persoal comprendido neste convenio estarán constituídas polo salario base e os seus complementos e pluses.

Artigo 18º.-Pagamento de retribucións.

O pagamento de retribucións realizarase mensualmente a través das diversas entidades bancarias.

O día de cobro será o último día laborable de cada mes.

En canto ós anticipos, aplicarase o disposto na lexislación vixente e solicitaranse, polo menos, con corenta e oito horas de anticipación.

Artigo 19º.-Contía.

A contía das retribucións será a fixada na táboa salarial do anexo I.

Para o ano 1995: o incremento será do 4% sobre os valores existentes o 31-12-1994 para os conceptos salariais. En caso de que o IPC real o 31-12-1995 supere o dito valor, tan pronto como se constate oficialmente, revisaranse os salarios pola diferencia existente entre o IPC real e o 4%.

Para o ano 1996: o 1 de xaneiro incrementaranse os salarios en idéntico valor ó previsto, polo Goberno da Nación, para o IPC, regularizándose a diferencia entre o IPC real o 31-12-1996 e o previsto, tan pronto como se constate oficialmente.

Artigo 20º.-Antigüidade.

O complemento persoal de antigüidade queda establecido para tódalas categorías nun importe uniforme e conxelado de 4.500 pesetas por quinquenio, que se devengará o día primeiro do mes en que se cumpra.

Este valor será aplicado a partir do 1-7-95 e durante a vixencia deste convenio.

Artigo 21º.-Gratificacións extraordinarias.

Todo o persoal da empresa terá dereito á percepción de tres pagas extraordinarias anuais, por importe de trinta días de salario base, máis plus de convenio,

máis antigüidade, as cales se farán efectivas os días 18 de marzo, 15 de xullo e 15 de decembro.

As ditas gratificacións aboaranse en proporción ó tempo efectivamente traballado durante o ano.

Artigo 22º.-Traballos en sábado, domingo e festivo.

Aqueles traballadores que teñan que realiza-la súa xornada habitual en sábado, domingo ou día festivo percibirán unha prima de 500 pesetas por cada hora traballada entre as seis horas do sábado e as seis horas do luns, durante a vixencia do convenio.

Artigo 23º.-Plus de nocturnidade.

O persoal que preste os seus servicios entre as dez da noite e as seis da mañá percibirá en concepto de plus de nocturnidade 175 ptas./hora, para tódalas categorías, que se aplicará desde o 1 de xuño de 1995 e ata o 31 de decembro de 1996.

Artigo 24º.-Axudas de custo, desprazamentos e aloxamentos.

Os traballadores que por necesidade da empresa teñan que efectuar desprazamentos ou viaxes a poboacións distintas daquela onde estea o centro de traballo percibirán:

a) Unha axuda de custo por manutención e aloxamento de acordo co seguinte criterio e distribución:

-Realizando unha comida fóra e pernoctando no seu domicilio: 1.384 ptas.

-Realizando dúas comidas fóra e pernoctando no seu domicilio: 2.215 ptas.

-Por pernocta e almorzo fóra do domicilio: 7.198 ptas.

b) Os gastos de locomoción serán a cargo da empresa, a cal establecerá o medio de transporte máis idóneo.

Se entre empresa e traballador se acorda que o desprazamento sexa en vehículo propio do traballador, establécese unha compensación de 33 ptas./km coa que quedan cubertos tódolos factores do custo, excepto a peaxe de autoestradas. A diferencia que exceda do valor fixado legalmente por este concepto será aboada en nómina.

c) Se o desprazamento ou viaxe non orixina ningún gasto por locomoción, manutención, aloxamento, etc., por asumilo a empresa na súa totalidade, esta non aboará cantidade ningunha en concepto de locomoción, axuda de custo, etc. garantindo que o aloxamento estará equiparado a un establecemento de tres estrelas.

Artigo 25º.-Roupa de traballo.

A empresa dotará o seu persoal de dous equipos de traballo ó ano, fundas ou batas segundo o caso, con obriga de usalas e con duración conxunta de un ano. As súas entregas fíxanse para o inverno antes do 15/10 e para verán antes do 15/04, e serán adecuadas á climatoloxía da época. Non obstante, en casos de postos que requiran maior desgaste, facilitaranse máis pezas.

Artigo 26º.-Seguro de accidentes.

A empresa concertará coa compañía de seguros que libremente elixa e ó seu exclusivo cargo unha póliza de accidentes de traballo que garanta as seguintes coberturas:

-Falecemento accidental: 3.000.000 de ptas.

-Incapacidade permanente total para a súa profesión habitual: 3.000.000 de ptas.

-Incapacidade absoluta: 3.750.000 ptas.

-Gran invalidez: 4.500.000 ptas.

As coberturas expresadas serán independentes e complementarias das que estean cubertas polo réxime xeral da Seguridade Social e, polo tanto, suxeitas á declaración do grao de invalidez que estableza a unidade de valoración de incapacidades.

Artigo 27º.-Réxime disciplinario.

Os traballadores poderán ser sancionados pola dirección da empresa de acordo coa graduación de faltas e sancións que se establecen, tanto no Estatuto dos traballadores como na demais lexislación laboral vixente.

Artigo 28º.-Complemento por I.T.

A partir da data da sinatura deste convenio os traballadores que se encontren en situación de baixa por I.T. percibirán o 100% da súa retribución, desde o primeiro día nos casos de accidente de traballo e desde o décimo sexto día nos casos de enfermidade común.

Artigo 29º.-Licencias retribuídas.

Os traballadores afectados por este convenio terán dereito ás licencias retribuídas seguintes:

-Casamento do traballador: 15 días naturais.

-Casamento de fillos: 1 día natural.

-Parto da esposa: 2 días laborables.

-Falecemento de cónxuxe: 4 días naturais.

-Enfermidade grave de cónxuxe: 4 días naturais.

-Enfermidade grave ou falecemento de pais e fillos: 3 días naturais.

-Enfermidade grave ou falecemento de irmáns: 2 días naturais.

-Enfermidade grave ou falecemento de avós, netos, avós políticos, pais políticos e irmáns políticos: 1 día natural.

-Traslado do domicilio habitual: 1 día natural.

Se o falecemento ou enfermidade grave da esposa ou fillos require desprazarse a 300 quilómetros ou máis do domicilio habitual, o correspondente permiso incrementarase en dous días naturais máis.

Artigo 30º.- Cadro de persoal.

Durante a vixencia deste convenio a empresa comprométese a mante-lo mesmo número de traballadores con contrato indefinido.

Artigo 31º.-Formación.

A empresa velará polo melloramento profesional dos traballadores, mediante accións adecuadas ó caso.

Cando tales accións formativas teñan unha aplicación específica inmediata para o coñecemento e adecuación a un posto de traballo, terá a consideración de horas efectivas de traballo.

Constituirase unha comisión consultiva e de seguimento dos plans de formación da empresa, que estará formada por un representante da dirección e outro representante do comité de empresa.

Artigo 32º.-Saúde laboral.

A empresa comprométese ó estricto cumprimento da ordenanza xeral de seguridade e hixiene no traballo.

Así mesmo, o Comité de Seguridade entenderá daqueles aspectos referentes á protección da saúde e seguridade dos traballadores, como é: solicitar, a través do persoal directivo, técnico e mandos intermedios da empresa que prohíban ou paralicen, se é o caso, os traballos en que se advirta o perigo inminente de accidentes ou doutros sinistros profesionais, cando non sexa posible o emprego dos medios adecuados para evitalos.

Artigo 33º.-Revisión médica.

A empresa solicitará da Mutua Patronal de Accidentes de Traballo un recoñecemento médico anual para tódolos traballadores do cadro de persoal. O tempo investido nos ditos recoñecementos será a cargo da empresa.

Artigo 34º.-Categorías.

Para os traballadores contratados ó amparo do R.D. 2546/1994, do 29 de decembro, con salario equivalente a especialista B; ó cabo de 1 ano pasarán a percibi-lo mesmo salario que o especialista C.

A empresa e o comité coprométense a facer unha valoración do persoal promocionable á categoría superior.

Artigo 35º.-Paz laboral.

Durante a vixencia do presente convenio tódolos traballadores da empresa se comprometen a mante-la paz laboral, o que non obsta para o exercicio dos dereitos que normativamente lles correspondan.

Disposición derradeira

O presente convenio foi negociado entre o comité e a dirección da empresa.

O Porriño, 23 de xuño de 1995.

TÁBOA SALARIAL (1)

(1) Valor 1-1-1995. Incremento 95= (4%) Ano: 1995

CategoríaSalario

base

Plus

convenio

Total/mesImporte/ano

Peón85.238 8.774 94.0121.410.180

Especialista A87.33216.411103.7431.556.145
B87.33221.994109.3261.639.890
C87.33229.635116.9671.754.505

Oficial 2ª A88.33639.191127.5271.912.905
B88.33650.826139.1622.087.430
C88.33659.822148.1582.222.370

Oficial 1ª A90.08967.062157.1512.357.265
B90.08979.321169.4102.541.150
C90.08991.669181.7582.726.370

Aux. Adtvo.87.33216.411103.7431.556.145

Of. 2ª Adtvo.88.33667.532155.8682.338.020

Of. 1ª Adtvo.90.08987.608177.6972.665.455

Of. 1ª X.E.90.08999.265189.3542.840.310

Tec. G. medio104.79285.024189.9962.849.940

Tit. superior104.79294.699199.4912.992.365

Xefe Dpto.104.79294.699199.4912.992.365

ANEXO II

HORAS EXTRAORDINARIAS

Ptas./hora

CategoríaNormalFestiva

Peón e especialista1.2731.327

Oficial 1ª e 2ª1.4341.498

Considéranse horas extraordinarias festivas as realizadas entre as seis horas do domingo e as seis horas do luns, o día festivo e o seguinte, respectivamente.

5700