Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 168 Venres, 01 de setembro de 1995 Páx. 6.749

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

DELEGACIÓN DO GOBERNO EN GALICIA

RESOLUCIÓN do 31 de xullo de 1995, do delegado do Goberno en Galicia, pola que se delegan atribucións no secretario xeral.

En virtude da facultade que me confire o artigo 13 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, dispoño:

Primeiro.-Delegar no secretario xeral da Delegación do Goberno as atribucións que, en materia de persoal, me outorga o artigo 11 do Real decreto 2169/1984, do 24 de novembro (BOE nº 239, do 7-12-1984) e os artigos 59, 64 e 72 do Real decreto 364/1995, do 10 de marzo (BOE nº 85, do 10-4-1995).

Segundo.-A delegación poderá ser revogada, en calquera momento, polo órgano delegante.

Terceiro.-Tódalas resolucións que se adopten pola delegación de atribucións regulada na presente resolución indicarán expresamente esta circunstancia e consideraranse dictadas polo órgano delegante.

Cuarto.-Queda derrogada a Resolución do 15 de marzo de 1993 (DOG nº 61, do 31-3-1993), pola que se delegan atribucións no secretario xeral da Delegación do Goberno en Galicia.

Quinto.-A presente resolución entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 31 de xullo de 1995.

Domingo García-Sabell

Delegado do Goberno en Galicia

5419