Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 169 Luns, 04 de setembro de 1995 Páx. 6.776

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de xuño de 1995 pola que se aproba a transformación e clasificación definitiva, no nivel de educación primaria, do centro privado Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, do que se relacionan os demais datos no anexo.

Examinado o expediente incoado pola titularidade do centro privado Manuel Peleteiro de Santiago de Compostela, en solicitude de transformación e clasificación definitiva, para o nivel de educación primaria no dito centro.

Resultando que o devandito centro privado obtivo, por orde ministerial do 19 de abril de 1975, a clasificación condicionada para 24 unidades de educación xeral básica.

Vistos a Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo(BOE do 4), o Real decreto 1004/1991, do 14 de xuño, polo que se establecen os requisitos mínimos dos centros que impartan ensinanzas de réxime xeral non universitaria (BOE do 26), o Decreto 133/1995, do 10 de maio, (DOG do 22) e demais disposicións complementarias.

Considerando que o centro que se expresa, á vista dos informes emitidos pola Unidade Técnica de Construccións, Oficina de Supervisión de Proxectos e Ins

pección de Educación da Delegación Provincial de Educación e Ordenación Universitaria da Coruña e de acordo coas disposicións vixentes na materia, acredita cumpri-los requisitos establecidos para o efecto. Esta consellería,

DISPÓN:

Autoriza-la transformación e clasificación definitiva, para o nivel de educación primaria, no centro privado que se relaicona no anexo da presente orde.

Excepcionalmente, e en tanto en canto non se extingan as ensinanzas de educación xeral básica, o centro poderá seguir impartindo as ditas ensinanzas.

Santiago de Compostela, 21 de xuño de 1995.

Juan Piñeiro Permuy

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria

ANEXO

Provincia da Coruña.

Concello: Santiago de Compostela.

Localidade: Santiago de Compostela.

Enderezo: San Pedro de Mezonzo, 27.

Denominación: Manuel Peleteiro.

Titular: Herederos de Manuel Peleteiro, S.C.

Nivel: educación primaria.

Transformación e clasificación definitiva para 25 unidades de educación primaria.

9505484