Para os efectos previdos no artigo 9 do Decreto 2617/1966, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se describe:
Solicitante: Unión Eléctrica-Fenosa, S.A.
Enderezo social: Severo Ochoa, 2, 15008, A Coruña.
Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Piñeiro.
Situación: Cambre.
Características técnicas: L.M.T. aérea a 15/20 kV, de 1.043 m, en LA-56, que parte da L.M.T. a C.T. Breixo (Expte. 30.904) e remata no C.T. a construír no lugar de Piñeiro, de 100 kVA a 15 kV/B.2 e acoplamento á R.B.T. de 370 m de lonxitude, en conductor R.Z. 150.
Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, no prazo de trinta días.
A Coruña, 4 de xullo de 1995.
Juan Ignacio Lizaur Otero
Delegado provincial da Coruña
95-5237