Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 171 Mércores, 06 de setembro de 1995 Páx. 6.823

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 31 de xullo de 1995 sobre revogación do título-licencia de axencia de viaxes a Viajes Agarimo Bus Galicia, S.A., co número XG-103 e casa central en Ourense, rúa Caldas, 55, baixo.

Visto o expediente de revogación do título-licencia á axencia de viaxes Viajes Agarimo Bus Galicia, S.A., sita na rúa Caldas, 55 baixo de Ourense, da que é representante legal José M. Fernández de las Cuevas.

Resultando que ó abeiro do establecido na disposición transitoria primeira do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, pola que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, notificóuselle á citada axencia mediante cédula do 21 de xuño de 1994 (DOG nº 162, do 23 de agosto) a obrigatoriedade de presentar perante a Secretaría Xeral para o Turismo no prazo de un mes, a documentación acreditativa de ter realizada a súa adecuación a cada un dos aspectos recollidos no referido decreto.

Resultando que ó non aporta-la documentación requerida dentro do prazo sinalado, mediante cédula do 3 de abril de 1995 (DOG nº 85, do 4 de maio) notificouselle á axencia de viaxes Viajes Agarimo Bus Galicia, S.A., a iniciación do expediente de revogación do seu título-licencia.

Considerando que ó transcorrer sobradamente o prazo sinalado pola normativa vixente, sen que a citada axencia presentase a documentación necesaria para adaptarse ó Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, cómpre revogar de oficio o seu título-licencia, de conformidade co establecido no número 2 da disposición transitoria primeira do Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o devandito regulamento.

Vistos a Lei 1/1983, do 22 de febreiro, reguladora da Xunta e do seu presidente, a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e o Decreto 155/1989, do 22 de xuño, polo que se aproba o Regulamento das axencias de viaxes de Galicia, esta consellería,

RESOLVE:

Revoga-lo título-licencia de axencias de viaxes a Viajes Agarimo Bus Galicia, S.A., co nº XG-103 e casa central na rúa Caldas, 55, baixo de Ourense.

Contra esta resolución, o interesado poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo perante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 31 de xullo de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

95-5707