Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

ORDE do 6 de outubro de 1995 pola que se dictan normas para garanti-los servicios esenciais durante a folga xeral convocada para o día 10 de outubro de 1995, nos concellos de Cangas, Bueu, Marín e Moaña, na provincia de Pontevedra.

O exercicio do dereito de folga queda condicionado ó mantemento dos servicios esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG nº 116 do 20 de xuño).

O artigo 3 do mencionado decreto faculta os conselleiros competentes por razón dos servicios esenciais afectados, para que, mediante orde, e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegura-lo mantemento de tales servicios e o persoal preciso para prestalos.

A central sindical Confederación Intersindical Galega en escrito do 26 de setembro de 1995 comunica a convocatoria de folga xeral por toda a xornada, o día 10 de outubro de 1995, que afectará a tódolos servicios públicos dos Concellos de Cangas, Bueu, Marín e Moaña na provincia de Pontevedra.

Ante o carácter de folga xeral, semella o máis axeitado regula-los servicios mínimos mediante unha única norma de aplicabilidade a tódolos centros, dependencias e servicios en xeral sobre os que pode ter incidencia esta convocatoria.

A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servicios esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servicios mínimos indispensables para o funcionamento dos servicios esenciais que se concretan e xustifican na presente orde.

Así pois, establécense servicios mínimos respecto a sectores e actividades dos que a regulación é competencia dalgunha das consellerías da Xunta de Galicia e que poden afecta-lo desenvolvemento ordinario da actividade cidadá.

No referente ós servicios dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais e co fin de garanti-lo dereito constitucional de protección da saúde e dos intereses dos cidadáns que lle corresponde tutelar á consellería, fíxanse os servicios mínimos dedicados a estes fins na área preventiva e asistencial.

Na parcela correspondente ó Servicios Galego de Saúde, e dentro do ámbito da atención primaria, o persoal sinalado para cubri-los servicios mínimos é o imprescindible para asumi-la mesma asistencia que lle queda garantida ó beneficiario nun día festivo. Neste caso non se axusta ó cadro do persoal dun festivo, xa que en días festivos o servicio normal de urxencia permanece aberto as vintecatro horas, cousa

que non sucede no día sinalado para a convocatoria de folga xeral. Por este motivo, a porcentaxe de traballadores é maior ó de un día festivo, pero soamente na proporción imprescindible para cubri-la asistencia que un día festivo quedaría a cargo do servicio normal de urxencias. Todo isto co fin de asegurarlle ó beneficiario a atención urxente, tanto polo inicio dun proceso de morbilidade como por tratamentos que non se poidan demorar ou interromper.

Na área de competencias da Consellería de Agricultura, Gandería e Montes establécense servicios mínimos para garanti-los servicios esenciais definidos como tales no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño, e que neste caso se concretan nos de vixilancia e extinción de incendios e rexistros públicos.

No Servicio de Defensa contra Incendios Forestais, a imprevisibilidade do feito causante da prestación do servicio esencial de vixilancia e extinción de incendios e a indeterminabilidade das súas consecuencias en canto a vidas e facendas, ante o que sería de aplicación plenamente e sen posibilidade ningunha de restricción o principio de que a seguridade é o benestar da poboación deben primar sobre outros dereitos, fai necesaria a dispoñibilidade de parte dos efectivos existentes.

Na Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura, a necesidade de atende-las tarefas de rexistro e información nas confrarías de pescadores de Bueu, Cangas, Marín e Moaña, de conformidade co sinalado na orde da dita consellería do 21 de decembro de 1993, obriga a establece-los servicios mínimos que se expresan na presente orde.

O dereito á educación é un dereito de carácter social, e por tanto reclama dos poderes públicos as accións positivas necesarias para que poida ser levado a cabo en igualdade de tódolos que se encontran en calquera dos niveis formativos en calquera tipo de centro.

Por outra parte, a especial problemática de Galicia, coa maior porcentaxe de alumnos transportados e facendo uso dos comedores escolares ou o bo número de internados da nosa Comunidade Autónoma, non poden quedar paralizados no seu funcionamento como consecuencia do dereito constitucional de folga.

Sinálanse, por iso, os servicios mínimos necesarios para manter en funcionamento os comedores escolares, a limpeza dos centros e un mínimo de vixilancia e atención para os alummos que poidan acudir ós centros, xa que a maioría deles son menores de dezaoito anos e moitos deles con idades comprendidas entre os tres e catorce anos.

Os centros de educación especial necesitan, polas características dos seus alumnos, un maior coidado e asistencia e é por iso polo que cómpre a asistencia do maior número de persoal, como coidadores, persoal médico, etc.

Na Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, xúlgase necesario fixar servicios mínimos que cubran a área de transporte, e nese sentido o Decreto 61/1985, do 18 de abril, dispón que deberán manterse os servicios de transporte de estudiantes e

escolares nas expedicións normalmente establecidas e os dos obreiros que sexan estrictamente precisas para transportar ós traballadores imprescindibles para servicios de seguridade, gardería e mantemento.

No tocante os servicios de transporte de carácter concesional en sentido estricto (servicios regulares de uso xeral), establécense soamente servicios mínimos necesarios nas expedicións que teñan a súa orixe ou destino nas localidades afectadas pola convocatoria da folga.

Polo que respecta á Compañía de Radiotelevisión de Galicia, a necesidade de atención á rede de emisores e reemisores, obriga a sinalar servicios mínimos no centro emisor de Domaio, situado no monte Faro (Domaio).

En consecuencia e de acordo co establecido no parágrafo 5.2º do Regulamento de réxime interior da Xunta de Galicia aprobado polo Decreto 111/1984, do 25 de maio, e por proposta das consellerías de Sanidade e Servicios Sociais, Agricultura, Gandería e Montes, Pesca, Marisqueo e Acuicultura, Educación e Ordenación Universitaria e Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, oído o comite de folga,

DISPOÑO:

Artigo 1º.-Con carácter xeral o mínimo de actividade e o persoal preciso para asegura-lo mantemento dos servicios esenciais durante a folga xeral convocada nos concellos de Cangas, Bueu, Marín e Moaña na provincia de Pontevedra, para o día 10 de outubro de 1995, é o seguinte:

1.1.-Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

1.1.A.-Centros dependentes da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais.

1.1.A.1.-Dirección Xeral de Saúde Pública.

-Marín: 1 Veterinario.

-Bueu: 1 Farmacéutico.

-Cangas: 1 Veterinario.

1.1.A.2.-Dirección Xeral de Servicios Sociais

-Residencia de Marín:

-1 Gobernante.

-1 Auxiliar de cociña.

-1 Oficial 1ª cociña.

-2 Oficiais 2ª cociña.

-1 Oficial Serv. técnico.

-4 Auxiliares de clínica.

-13 Camareiras-limpadoras.

-1 Auxiliar administrativo.

-5 Ordenanzas.

-1 Peón.

-Fogar de Marín:

-Director.

1.1.A.3.-Servicio Galego de Saúde.

-Cangas:

-2 Médicos.

-1 Pediatra.

-2 ATS.

-1 Auxiliar administrativo.

-1 Celador.

-Moaña:

-2 Médicos.

-1 Pediatra.

-1 ATS.

-Servicios de urxencias:

-2 Médicos.

-2 ATS.

-2 Celadores.

-Marín:

Casa do Mar:

-2 Médicos.

-1 Pediatra.

-1 ATS.

-1 Matrona.

Centro de Saúde:

-3 Médicos.

-1 Pediatra.

-1 Auxiliar de Clínica.

-1 ATS.-DUE.

Consultorio Seixo:

-1 Médico.

-1 ATS.

-Bueu:

-2 Médicos.

-1 Pediatra.

-1 Odontólogo.

-2 ATS.

-1 Matrona

1.1.B.-Outros centros sanitarios.

-Instituto Social da Mariña.

-Marín:

-2 Médicos.

-1 ATS.

-1 Pediatra.

-1 Celador.

-Seixo:

-1 Médico.

-Servicio de urxencias:

-2 Médicos.

-2 ATS.

-2 Celadores.

-Cangas:

-Servicio de urxencias.

-2 Médicos.

-2 ATS.

-2 Celadores.

-Aldán:

-1 Médico.

-1 Celador.

-Moaña:

-Casa do Mar:

-2 Médicos.

-1 Pediatra.

-1 ATS.

-1 Celador.

-Complexo Hospitalario da Deputación Provincial de Pontevedra.

-Cangas:

-1 Médico.

-1 ATS.

1.2.-Consellería de Agricultura, Gandería e Montes.

1.2.A.-Servicio de defensa contra incendios forestais.

Persoal contratado para a execución do Plan de Defensa contra Incendios Forestais (Infoga).

1 Brigada.

1 Vixilante fixo.

1 Conductor de autobomba.

Os efectivos sinalados anteriormente prestarán servicio a toda a zona correspondente ós catro concellos.

No caso de que durante o día da folga se producisen incendios que, a xuízo dos responsables do servicio, obrigasen a adoptar medidas complementarias ás adoptadas co persoal previsto como mínimo, este poderá elevarse ata o cen por cento do persoal contratado.

1.2.B.-Axencia do Servicio de Extension Agraria de Cangas.

-1 Funcionario

1.3.-Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura.

1.3.A.-Confraría de Cangas:

-1 Posto base do grupo D

1.3.B.-Confraría de Bueu:

-1 Posto base do grupo D

1.3.C.-Confraría de Marín:

-1 Posto base do grupo D

1.3.E.-Confraría de Moaña:

-1 Posto base do grupo D

1.4.-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Nos centros escolares dependentes da consellería:

-O director ou un membro do equipo da dirección e 1 subalterno en cada centro escolar.

-O 30% do persoal de comedores e do persoal docente encargado destes, nos centros de educación básica con servicio de comedor.

-O 25% do persoal de comedores, limpeza e subalternos nas escolas-fogar.

-O 25% do persoal docente encargado de comedores das escolas fogar garantindo un mínimo de dúas persoas.

-O 30% de persoal de comedores, limpeza, e subalternos nos centros residenciais docentes.

-O 25% do persoal de limpeza, nos centros de ensino secundario.

A totalidade de persoal de comedores, ATS., limpeza, coidadores e persoal médico dos centros de educación especial.

1.4.-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

1.4.A.-Transporte de mercadorías.

-Toda clase de mercadorías a establecementos sanitarios.

1.4.B.-Transporte de viaxeiros.

1.4.B.1.-Autobuses de Pontevedra, S.A.

-Pontevedra-Marín por C-550 e Lourizán.

Saída de Pontevedra: 7, 7.30, 8.30, 8.50, 18, 19, 19.30, 20, 20.30 e 21.

Saída de Marín: 7, 7.30, 8.20, 9, 18.10, 18.40, 19.10, 19.40, 20.10 e 20.50.

-Pontevedra-Marín, pola lonxa e C-550 por Lourizán.

Saída de Pontevedra: 8.20

Saída de Marín: 8

1.4.B.2.-Autobuses Cerqueiro, S.L.

O non realizar servicios de proximidades, nin desde nin ata cidades de máis de 50.000 habitantes, so deberá mante-los servicios con expedicións autorizadas de estudiantes ó 100% e os de obreiros antes das 9 horas e posteriores ás 18 horas.

1.4.B.3.-Transportes la Unión, S.A.

-Marín-Vigo, por Bueu-Cangas- A-9:

Saída de Marín: 6.15 horas

Saída de Vigo: 12.30 e 18.20 horas

-Bueu-Vigo, por Cangas-Moaña- A-9:

Saída de Bueu: 7 horas

Saída de Vigo: 19 horas

-Cangas-Vigo por A-9-Moaña-A-9:

Saída de Cangas: 6, 9, 18.30 e 20.30 horas

Saída de Vigo: 7, 9, 18.30 e 20.30 horas

-Cangas-Pontevedra, por autovía-Bueu-Marín e autovía:

Saída de Cangas: 9.30 horas

Saída de Pontevedra: 10 horas

-Marín-Vigo, polo Alto da Fraga-Fraga-Moaña-Domaio-A9:

Saída de Marín: 8 horas

Saída de Vigo: 13 horas

-Cangas-Pontevedra, por Domaio-Santo Adrián-Vilaboa e N-550:

Saída de Cangas: 7.20, e 18.30 horas

Saída de Pontevedra: 7.45 e 19.30 horas

-Cangas-Pontevedra, por Bueu-Marín-Lourizán:

Saída de Cangas: 6.40 e 18.30 horas

Saída de Pontevedra: 7.45 e 19.30 horas

1.4.C.-Servicios escolares, de estudiantes e de obreiros.

Deben manterse tódolos servicios escolares e de estudiantes nas expedicións normalmente establecidas.

En canto ó transporte de obreiros, deberán manterse as expedicións estrictamente precisas para transporta-los traballadores imprescindibles para atende-los servicios de seguridade, gardería e mantemento nas súas respectivas empresas.

1.5.-Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

No centro emisor de Domaio, sito no monte Faro (Domaio) dous técnicos de servicio en quendas de asistencia de 8.30 horas a 24.30 horas

Artigo 2º.-O persoal que debe presta-los servicios mínimos establecidos no artigo anterior será destinado, no suposto da Consellería de Sanidade e Servicios Sociais -Servicio Galego de Saúde- polos directores xerentes do centro de gasto ó que pertenzan, polos delegados provinciais das consellerías respectivas e polos directores de persoal, nos restantes supostos, publicándose os nomes dos designados nos taboleiros de anuncios dos respectivos centros de traballo.

Artigo 3º.-O incumprimento da obriga de atende-los servicios mínimos fixados nesta orde, será sancionado de conformidade coa lexislación vixente aplicable ós diversos colectivos.

Artigo 4º.-O disposto na presente orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga lle recoñece ó persoal na dita situación.

Disposición derradeira

A presente orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de outubro de 1995.

Dositeo Rodríguez Rodríguez

Conselleiro da Presidencia e Administración Pública

6418