Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.501

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO DE PRIMEIRA INSTANCIA E INSTRUCCIÓN NÚMERO DOUS DE SANTIAGO DE COMPOSTELA

EDICTO de citación de remate (142/1988).

Leonor Castro Calvo, maxistrada-xuíza substituta do Xulgado de Primeira Instancia e Instrucción número dous de Santiago de Compostela, fago saber que perante este xulgado se segue xuízo executivo co número 142/1988, promovido por Banco de Galicia, S.A., representado pola procuradora Sánchez Silva, contra Julio Peña García, sobre reclamación de cantidade de 480.000 ptas., importe do principal e máis 195.000 ptas. para xuros e custas; e, dado que o demandado se atopa en ignorado paradoiro, por medio do presente edicto, cítaselle de remate co fin de que, no prazo improrrogable de nove días, compareza nestes autos en legal forma, mediante procurador e letrado, e se opoña á execución se lle conviñer; e fágolle saber que as copias da demanda e documentos presentados se atopan na secretaría á súa disposición e apercíboo de que, de non comparecer, será declarado en rebeldía e seguirá o pleito o seu curso, sen volvelo a citar nin facerlle outras notificacións que as que determine a lei.

Faise constar que, sen previo requirimento de pagamento, procedeuse ó embargo dos seguintes bens:

Urbana. Casa sen número, sita no lugar de Pasaxe, hoxe número 48 das Xubias de Abaixo, parroquia

de Santa María de Oza, no termo municipal da Coruña, que ocupa un soar cuberto de 18,66 metros cadrados, con inclusión de muros e medianís.

Inscrita no libro 951, folio 27, predio 8.213, inscrición terceira e cuarta do Rexistro da Propiedade número dous da Coruña.

E, para que conste e lle sirva de citación en legal forma ó demandado en ignorado paradoiro, expido e asino o presente edicto en Santiago de Compostela o oito de setembro de mil novecentos noventa e cinco.

A maxistrada

Rubricado

95-6275