Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 194 Luns, 09 de outubro de 1995 Páx. 7.505

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 13 de setembro de 1995, da Dirección Xeral de Transportes, pola que se fai pública a resolución do secretario xeral da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, do 12 de maio de 1995, de adxudicación do concurso para a construcción dun paso superior no P.K. 4/147, para a supresión dun P.N. no P.K. 4/122 do ferrocarril Guillarei-Tui, no concello de Tui (Pontevedra).

O secretario xeral, actuando en nome do conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, por delegación de atribucións segundo Orde do 13 de decembro de 1993, de acordo cos reais decretos 212/1979 e 3548/1983 e co Decreto 58/1984, sobre asunción de transferenicas en materia de transportes, con data 12 de maio de 1995, resolveu adxudica-lo concurso para a construcción dun paso superior no P.K. 4/147, para a supresión dun P.N. no P.K, 4/122 do FF.CC. Guillerei-Tui, no municipio de Tui (Pontevedra) a la empresa José Malvar Construcciones S.A., nun orzamento de 29.327.367 ptas., e un prazo de execución da obra de tres meses.

O que, en cumprimento do previsto no artigo 58 da vixente Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común do 26 de novembro de 1992, se notifica, advertíndose que esta resolución en canto pon fin á vía administrativa, é susceptible de recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia nun prazo de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación da presente resolución de conformidade co artigo 58 da Lei reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Juan Carlos Villarino Tejada

Director xeral de Transportes

95-05912