Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.537

V. ADMINISTRACIÓN DE XUSTIZA

XULGADO TOGADO MILITAR TERRITORIAL NÚMERO CORENTA E UN DA CORUÑA

REQUISITORIO (41/11/1995).

O comandante auditor José Luis Maiz Barrera, titular acctal do Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un, fai saber que polo presente requisitorio e nas dilixencias preparatorias nº 41/11/1995, instruídas por presunto delicto de abandono de destino, cítase e chámase ó mariñeiro de 2ª da Armada Carlos Gómez Pardo, fillo de Francisco José e María Elena, nacido en Xenebra (Suiza), con data 20 de decembro de 1974, DNI nº 34.266.278, para que no prazo de quince (15) días, contados a partir do seguinte ó de que este requisitorio aparezca inserto neste diario oficial, compareza perante este Xulgado Togado Militar Territorial número corenta e un, sito na Coruña, Praciña de Santo Domingos s/n, acuartelamento de Santo Domingo, para constituírse en prisión como inculpado en méritos das referidas actuacións.

O propio tempo, prego e encárgolles a tódalas autoridades e forzas de seguridade que, tan pronto teñan coñecemento do paradoiro do referido procesado, procedan á súa captura e posta á disposición deste órgano xudicial.

A Coruña, 22 de setembro de 1995.

O comandante auditor-xuíz togado Acctal

Rubricado

95-6294