Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 195 Martes, 10 de outubro de 1995 Páx. 7.539

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA, MARISQUEO E ACUICULTURA

CÉDULA do 29 de agosto de 1995, da Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra), pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións dos recursos ordinarios de expedientes sancionadores. (505/1994 e 832/1994).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285 do 27-11-1992), notifícaselles ás persoas que se citan a continuación, a resolución dos recursos ordinarios dos expedientes instruídos por infraccións da Lei 6/1991, do 15 de maio (DOG do 27 de maio), de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros.

Os ditos interesados dispoñen dun prazo de oito días contados a partir do seguinte á publicación desta cédula, para poderen examina-los expedientes na Delegación Territorial de Vigo (Pontevedra) da Consellería de Pesca, Marisqueo e Acuicultura (r/ Palma, 4-Vigo) e presenta-lo recurso correspondente.

Nº de expediente: 505/1994.

Denunciado: José González Chamorro.

Enderezo: Espinosa, s/n, Nigrán. Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 6.10º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 30 de maio de 1995.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Nº de expediente: 832/1994.

Denunciado: José Bahamonde Piñeiro.

Enderezo: El Viso, 28, San Pedro, Nigrán. Pontevedra.

Precepto infrinxido: artigo 6.7º da Lei 6/1991, do 15 de maio.

Sanción: vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Recurso ordinario presentado o día: 24 de abril de 1995.

Resolución do recurso ordinario: desestimatoria confirmando a sanción de vintecinco mil unha pesetas (25.001 ptas.).

Vigo, 29 de agosto de 1995.

Juan Manuel López García

Delegado territorial de Vigo (Pontevedra)

95-5885